jueves, 30 de marzo de 2017

IV CONCURSO DE RELATO CURTO CONCELLO DE ARES


A alumna Verónica Rodríguez Martínez Gañadora do 1º Concurso de Relato Curto "Música, Lingua e Valores"

No 1º Concurso de Relato Curto "Música, lingua e Valores" que organiza a  Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia foi premiada á nosa alumna Verónica Rodríguez (3º ESO). O xurado decidiu por unanimidade, outorgar o premio ao relato "ELA", pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte. O premio do concurso, consiste na musicalización e edición do relato en versión Narrador + Banda Sinfónica; sendo estreado este verán pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.                            
                                                                  
                                                      PARABENS, VERÓNICA!!!!

O premio é especial e innovador: A organización encargará a un recoñecido compositor galego a musicalización do relato no formato “Narrador e Banda Sinfónica”. A partitura (máis o texto) editarase e será estreada pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia na súa vindeira xira 2007, no mes de agosto. Ó/Á gañador/a convidarase a participar nos ensaios e concerto de presentación da obra; no que se lle fará entrega dun diploma así como de exemplares editados da mesma. A composición distribuirase para que poida ser interpretada por todas as bandas de Galicia.

jueves, 23 de marzo de 2017

TRABALLOS DO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS. O NADAL EN SUECIA E PERÚ

Presentamos todo o traballo realizado durante o trimestre sobre o nadal, tanto en Suecia como en Perú. Os rapaces de 1º ESO prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións,así como as presentacións das costumes e tradicións de cada país. Os rapaces de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia, e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.



miércoles, 15 de marzo de 2017

BOOKTRAILERS

Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre o  Booktrailer como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a pena ler o libro en cuestión.

Aquí tedes  algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e animámosvos a que creedes os vosos  booktrailers.









martes, 14 de marzo de 2017

OS ESCORNABOTS CHEGAN AO COLE

Hoxe, inauguramos unha nova actividade  na biblioteca, "Os Escornabots".
 Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, o seu obxetivo é acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.










miércoles, 8 de marzo de 2017

HOMENAXE AS MULLERES DESDE O CPI AS MIRANDAS

Todos os días semellan iguais mais este 8 de marzo o queremos celebrar dun xeito especial, lembrándolle á sociedade que tod@s temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da igualdade en todos os ámbitos da vida.

Velaí vai este recoñecemento a todas as mulleres e o noso desexo dun mellor futuro para todas. Grazas, avoas, nais, fillas, irmáns, amigas e mulleres todas por saber  escribir a historia con tinta indeleble e por deixar a vosa pegada  nas nosas vidas.