viernes, 27 de enero de 2017

ENTREGA DO PREMIO AO NOSO PFPP

Hoxe ás 11:00h da mañá tivo lugar no Gaiás a entrega dos premios do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) nun acto onde a Consellería de Educación e  o conselleiro Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa (7 centros premiados de toda Galiza).

A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino, adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro.


Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a colaboración das familias.

miércoles, 11 de enero de 2017

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA SOLIEDARIEDADE


Na carreira quilómetros de solidariedade recadamos 976,45 € que foron enviados á ONGD Save The Children. Nunca me cansarei de sorprender ante tanta xenerosidade. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e esforzo.