jueves, 28 de diciembre de 2017

XOGOS POPULARES PARA COMEZAR O NADAL

E para rematar co primeiro trimestre e darlle a benvida as vacacións , que mellor que uns xogos populares para comezar o nadal con forza. Alumn@s e profes pasamos un rato super divertido xogando á xoaniña, os zancos, a corda, os bolos, a culler.... Pasámolo tan ben que imos repetir. Mentres tanto...Bo Nadal e Felices vacacións!!!!

Aquí tedes un mini reportaxe:

miércoles, 27 de diciembre de 2017

NOVO ÉXITO DA CARREIRA SOLIDARIA 2017

Desde o CPI As Mirandas queremos amosar, un ano máis, o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e colaboración na carreira “Quilómetros de Solidariedade”.

MOITAS GRAZAS!!!!



viernes, 22 de diciembre de 2017

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Un ano máis queremos dar as grazas a todo o alumnado, familias e profesorado pola vosa solidariedade na Operación Quilo de Nadal, a través da cal repartimos alimentos entre as institucións de  Cáritas e a Cociña Económica de Ferrol.

Grazas de novo pola vosa colaboración.




miércoles, 20 de diciembre de 2017

BO NADAL DESDE O CPI AS MIRANDAS

Os alumnos do CPI As Mirandas deséxanvos un Bo Nadal en Lingua de Signos con esta canción de SES, titulada Tambores de mar. Felices Festas!!!


lunes, 11 de diciembre de 2017

INAUGURACIÓN NA CASA DA XUVENTUDE DA EXPOSICIÓN: CIENCIA, ARTE E LITERATURA: AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS.

Hoxe á tarde inaugurouse na Casa da Xuventude de Ares a Exposición Ciencia Arte e Literatura: As emocións entroncadas. Neste traballo o alumnado tentou achegar a ciencia ao mundo da Arte a través das letras. Na exposición poderedes ver as emocións e sentimentos que produciron nos rapaces as fotografías seleccionadas, o fragmento literario que lles  suxeríu a imaxe  e a xustificación do alummado protagonista.
Na inauguración estiveron presentes ademais de alumnos e profesores, a directora do CPI As Mirandas, Blanca Cortizas e a Concelleira de Cultura, Alma Barrón, que foron as que entregaron o premio as gañadoras do concurso: as alumnas Icía Bermúdez e Yasmina Martínez.
Grazas ao Concello de Ares pola súa colaboración no certame e a todos os departamentos do colexio implicados neste proxecto.
A exposición estará aberta a todo o público ata xaneiro. Achegádevos a ela, non vos deixará indiferentes.




lunes, 27 de noviembre de 2017

O ÚLTIMO BALENEIRO

Hoxe, contamos coa visita de Miguel López Pérez , un veciño de Ares que é " o último baleneiro ". Contounos moitas cousas interesantes, por exemplo como pescaban as baleas, como as transportában, diferencias entre un cachalote e unha balea, o que comen... A verdade, foi un gran placer escoitalo, os alumnos e alumnas de 1º de E.P. quedaron abraiados. Grazas Miguel.

ENTREGA DOS PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Esta tarde na Biblioteca do Concello,  Alma Barrón(concelleira de cultura)  e  José Juan Vilar (concelleiro de servizos) fixeron entrega dos premios do I Concurso de Fotografía Xuvenil.
As fotografías dos rapaces e rapazas gañadores son as que ilustran o  calendario do Concello para este próximo ano 2018,  e que foi presentado neste acto.
Desde o CPI As Mirandas queremos dar a noraboa aos rapaces e rapazas que presentaron as súas instantáneas  ao concurso, fotografías que poderemos ver  todos no calendario deste ano.




jueves, 23 de noviembre de 2017

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S.

Esta semana para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia os alumnos e alumnas de 1º e 3º de ESO realizaron unha actividade de contacontos para o alumnado de primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”, ilustrado pola nosa ex-alumna Ana Martínez Fernández,  descubrimos á importancia da educación; o que supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas. Tamén nos axuda a comprender que debemos  aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzarnos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubriu o importante que era saber ter coñecementos.

É unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación.  Un dereito fundamental que todos os nenos e nenas do mundo deberían, aínda que  continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas en moitos países.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á  educación está amplamente recoñecido en numerosas Convencións e Tratados Internacionais, hai 57 millóns de nenos  e nenas en todo o mundo que non van á escola e outros  tantos reciben unha educación descontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos  ao mesmo tempo o incumprimento deste dereito que se está a dar en tantas partes do mundo.



Ao final actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada unha das aulas cunha  pequena semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de coidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.

As profes Meli e Pamen recibindo o agasallo da semente para plantar en cada súa aula




jueves, 16 de noviembre de 2017

PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA

Hoxe Yu xin, Sofía, Marta e Andrea amósanos o tempo que teremos esta fin de semana. 
 Ah!, e se queredes viaxar a Francia a pasar os vindeiros días, aquí nos deixan a previsión do país veciño.

BOA FIN DE SEMANA!!!

          

           

viernes, 10 de noviembre de 2017

RETRANSMITINDO O VINDEL

Alumnos galegos e portugueses realizarán o programa “ radiovisual ” RETRANSMITINDO O VINDEL con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO e da presenza en Vigo do pergamiño de Martín Códax. Ponte...nas ondas! retransmitirá a través do portal Web www.escolasnasondas.com a partir das 11.00 hs. un magazine audiovisual con persoas convidadas que abordarán diferentes aspectos das cantigas de amigo e do pergamiño Vindel.


  

PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA DESDE O CPI AS MIRANDAS

Esta semana Jaime e Miguel presentan o tempo que teremos cara aos vindeiros días.


             

jueves, 9 de noviembre de 2017

O alumnado de primaria no Pazo da Cultura, rompe fronteiras cos Ghazafelhos

Hoxe rompemos fronteiras. Hoxe a Lúa baixou á Terra. Hoxe os nenos e nenas emocionámonos unha vez máis cos Ghazafelhos. Grazas a todos eles por darnos unha mellor visión do mundo.

Seguiremos en contacto coa Lúa...






lunes, 6 de noviembre de 2017

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ARTE POSTAL: MAILOVART 2017

Hoxe tivemos no Mosteiro de santa Catalina de Montefaro a inauguración da exposición do certame MaiLOVart do CPI As Mirandas coa colaboración do Concello de Ares e da Asociación de Amigos de Santa Catalina. Un fermoso acto realizado polos nenos e nenas de 2º de primaria e as súas profes Meli e Lara. Á presentación da exposición asistiron ademais da concelleira de educación Alma Barrón, Celsa e Rogelio da Asociación de Amigos de Santa Catalina, a nosa directora Blanca Cortizas así como pais,nais e profesores do noso centro.

Poderedes visitala ata o 20 de decembro de luns a sábado de 16h a 18h, e os domingos e festivos de 12h a 14h e de 16h a 18h.

                                                         Aquí podedes ver os vídeos do evento.

               

              

viernes, 3 de noviembre de 2017

O TEMPO DA FIN DE SEMANA CON HUGO E UXÍA

Parece que volven as choivas!!!. Todas as novedades do tempo de cara a fin de semana contadas por Hugo e Uxía de 5º de primaria.

jueves, 2 de noviembre de 2017

I PREMIO CIENCIA, ARTE E LITERATURA: AS EMOCIÓNS ENTRONCADAS.

Con motivo da celebración do día da Ciencia en Galego, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía, o departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística propoñen un proxecto para achegar a ciencia ao mundo da Arte a través das letras, no que o alumnado xoga un papel protagonista. O proxecto desenvólvese en tres fases.

Na primeira semana, o departamento de Bioloxía-Xeoloxía proporciónalle ao seu alumnado 33 fotografías das presentadas aos premios VII premio de fotografía de la ciencia 2016,  Wildlife 2017, Stunning science 2017, Best microscope photo of the year 2017, sen título nin autor, xunto cun formulario para que os discentes de cada grupo seleccionen as 7 fotografías que máis lles gustan.
A continuación, na materia de Bioloxía-Xeoloxía, as 4 fotografías máis votadas por ese grupo distribúense en subgrupos, para que cada subgrupo traballe cunha soa fotografía. Se houbera empate en distintos cursos, priorízanse os niveis inferiores sobre os superiores, para facilitarlles a análise das fotografías elixidas, debido ao seu menor percorrido académico. Unha vez que cada subgrupo ten asignada unha fotografía comeza a segunda fase.

 Na segunda fase, cada estudante de cada subgrupo achega un fragmento dun texto literario en prosa ou en verso, seleccionado da Biblioteca Virtual de Galicia, que escollen na casa, para poñer voz ás fotografías máis votadas da súa aula, tendo en conta o criterio Que emocións, sentimentos che producen estas fotografías?.

Cada texto seleccionado irá cunha xustificación do porqué se seleccionou ese texto. Logo, na materia de Lingua Galega, os estudantes de cada subgrupo escollen so un texto, aquel que eles consideren que mellor se adapta ao que lles transmite a fotografía.

Por último, na derradeira fase, na semana da ciencia en galego, realizarase a exposición-concurso Ciencia, Arte e Literatura: as emocións entroncadas.  Expoñeranse as 20 fotografías seleccionadas, co pé de foto que indica o autor/a, título orixinal, premio fotográfico, texto literario escollido e autores da selección. Ademais, proponse que na hora de lectura do día 6 de novembro se lean eses textos e que algún membro dos grupos xustifiquen a selección dese texto.

Un grupo de expertos (docentes das áreas de Ciencia, Arte e Literatura) premiará as tres mellores asociación de foto-texto seguindo os criterios que se enumeran nas bases do concurso.

Xurado: Departamento de Matemáticas, Departamento de Física e Química, Departamento de Xeografía e Historia, Departamento de Língua Castelá, Departamentos de Francés e Inglés e Equipo de Dinamización Lingüística.

 A exposición estará aberta ao público en xeral na semana da Celebración da Ciencia en Galego, do 6 ao 12 de novembro na entrada do edificio administrativo do CPI As Mirandas.

Agradecemos a colaboración da Concellería de Educación do Concello de Ares. Posteriormente as fotografías exhibiranse nos locais do Concello (Biblioteca, Casa da Xuventude...)


domingo, 29 de octubre de 2017

O TEMPO DA FIN DE SEMANA CON MARTÍN

Esta semana Martín de 2º de ESO danos a previsión do tempo cara aos vindeiros días. Ah, e lembrade que a madrugada do sábado ao domingo tedes que retrasar os reloxos unha horiña.


       

miércoles, 25 de octubre de 2017

VIII Día da Ciencia en Galego 2017!

 A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible , nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos convidamos a participar:

-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.

-Celebrando as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia. É un dos referentes dos científicos galegos, e coa súa Carta Xeométrica coida e mima co seu saber a nosa terra como poucos.

-Realizando actividades de Ciencia no Camiño de Santiago, unha viaxe sostible onde as haxa.
-Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX... Saídas ao campo. Que tal un debuxo xigante, como os de Nazca, dun labirinto galego de Mogor, ou un misterioso triskel nas leiras de millo ou prados, de apariencia extraterrestre?

-Proxectando o Ano Internacional a outras ciencias: en Xeografía os mapas- que nunca poden faltar nas viaxes-, en matemáticas as proxeccións, en Tecnoloxía GPS e App inventor... Queremos facer convosco unha base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura, románico, igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades.E non só iso senón as festas, música, todo aquilo que queirades xeoreferenciar na vosa zona: o voso queixo ou o voso pan...

Un traballo que merece todo un ano para el...


Un grande abano de posibilidades para ir preparando:

-Manexar o GPS, Entender o sistema de coordenadas GPS e os sistemas de visualización xeográfica como GoogleMaps ou Openstreetmaps.

-Experiencias relacionadas coa orientación. Recrear os primeiros compases cunha agulla imantada sobre unha cortiza flotando nun recipiente con auga…

-Expoñer  no centro educativo a serie de carteis sobre Darwin e a Evolución.

-Enviar algunhas fotos a nova carta a través da app novacarta (que está en novacarta.eu) ou enviando todas as do centro con xeolocalización de cada unha ou grupo, cos enlaces correspondentes á galipedia, ás páxinas do Concello ou a todas aquelas que consideredes relevantes para describir o lugar do voso concello. 

Como podedes ver no apartado de premios en novacarta, solícitase que haxa un profesor responsable que canalice a participación do alumnado e os motive para  que resalten aquilo que consideran un lugar único e mítico e digno de ser coñecido en toda Galicia e p or todos os centros. Os dez mellores en cantidade e calidade recibirán un premio en metálico e outros corenta recibirán a revista de Igaciencia sobre a luz. Ver http://novacarta.eu/gl/node/7 (ao final) e http://novacarta.eu/gl/node/8
-Buscar en novacarta.eu as paisaxes e os miradoiros do norte de Galicia que os fan famosos. O modernismo de Ferrol. A poesía galega ligada á posición xeográfica. Comparar as distintas versións en distintas linguas da galipedia. Facer unha composición, por exemplo, sobre o cabo e faro Vilán despois de buscalo en Novacarta e explicar porque a súa grandeza ben pode ser símbolo de Galicia.

sábado, 14 de octubre de 2017

SELECCIONADOS PARA O PROXECTO VIDAS MARIÑEIRAS


CPI As Mirandas (Ares) , O CPI A Xunqueira (Fene), o e o IES Breamo (Pontedeume) son os tres centros de ensino público cuxos proxectos audiovisuais inaugurarán o programa formativo Vidas Mariñeiras 2017, que dá comezo este mesmo mes de outubro coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte.
En «De corazón, mariñeiro» atoparemos a Vituco, experimentado científico e submarinista que se considera a si mesmo un mariñeiro máis. Percorreremos o curso do Eume até a súa desembocadura no océano Atlántico, atentos a como as augas configuran a paisaxe e os nosos propios hábitos («Entre dúas augas: o Eume e o mar»). Haberá tempo tamén para a reflexión histórica sobre o rol das mulleres na vila mariñeira de Ares ao longo do século XX («Marea de mulleres»). Esta é unha pequena e suxerente mostra do que nos deparan os proxectos que veñen de presentar os alumnas e alumnas dos centros seleccionados para participar en Vidas Mariñeiras 2017, que entre os meses de outubro e decembro deste ano achegará ás aulas un programa de formación audiovisual que dará como resultado senllas curtametraxes realizadas polo alumnado.
O programa foi recibido con moito interese polos centros de ensino da contorna do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, e moitos deles coordinaron grupos de alumnas e alumnos para presentar un proxecto ao concurso publicado nesta mesma web o pasado mes de setembro. Porén, nesta primeira edición os coordinadores do programa limitáronse a tres proxectos para garantir unha formación de calidade e personalizada de cada grupo participante.

O alumnado recibirá unha formación práctica e teórica básica que lle permitirá desenvolver con autonomía todas as fases de produción dun filme, desde a primeira escaleta até as correccións de cor e masterizado das pezas resultantes. Estas tres curtametraxes, ademais, poderán verse no mes de decembro nun pase aberto ao público nos Cines Duplex de Ferrol, e xa en xaneiro de 2018 na filmoteca galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI, A Coruña).

PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA

Voltamos de novo coa previsión do tempo da fin de semana, realizada dende o noso cole. Hoxe é  Judith a que nos informa sobre o tempo que imos ter nos vindeiros días.

CONCIENCIÁMONOS CO MEDIOAMBIENTE

Hoxe remataron as charlas de concienciación medioambiental propostas pola Asociación Cultural e Deportiva Scuba Ares. Aprendimos a importancia de manter o noso ecosistema mariño limpo e sen residuos. Para iso nos amosaron uns vídeos moi divertidos e seleccionamos o lixo para tiralo nos colectores axeitados.
Mañá, sábado, de 10:00 a 14:00 nos esperan para facer limpeza na praia de Ares.

Os nenos e nenas podemos cambiar o mundo!


 



miércoles, 11 de octubre de 2017

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL DO CONCELLO DE ARES


O Concello de Ares a través da súa concellería de cultura organiza o I Concurso de fotografía xuvenil do noso concello, do que sairán as 6 fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do 2018 que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a utilizar a nosa contorna como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertanto  a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento como memoria colectiva desta vila. En concreto, invítase a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da nosa contorna que consideren parte da súa identidade.

Quen pode participar?: Xente nova de 8 a 18 anos empadroada en Ares.

Cómo participar?:  Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en formato dixital e sen retocar ao enderezo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com. Xunto ás fotografías remitirase o formulario de solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados.
Prazo de entrega:  Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)

                                         De tódolos xeitos aquí deixamos as bases completas do concurso.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!





lunes, 2 de octubre de 2017

PINOCCHIO SON EU

O venres 29 de setembro os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de educación primaria saímos de visita á Casa da Cultura de Pontedeume. Alí nos esperaban Nino "Pinocho" e os seus pais para amosarnos unha marabillosa exposición educativa de arte. Unha visita guiada onde nos permitiron experimentar grandes momentos da fantástica aventura de Carlo Collodi xunto coas obras orixinais e interactivas realizadas en papel e cartón, pola artista Catarina Capim.

Pasámolo xenial!!



martes, 5 de septiembre de 2017

COIDANDO O MEDIOAMBIENTE EN SANTA CATALINA

O día 5 de maio do 2017, os alumnos do CPI As Mirandas de Ares de 1º de Primaria acompañados polas súas profesoras, realizaron no Mosteiro de Santa Catalina de Ares unha clase práctica de coidado do medio ambiente. Plantaron mirto nos claros do xardín, cada alumno plantou unha estaca procedente das plantas que xa existen no mesmo co fin de non introducir posibles plantas infectadas. Tamén se colocou unha placa co nome da especie en Galego, castelán e inglés, así como un código QR coas características da planta, deste xeito, calquera que nos visite poderá saber as características desta especie, a máis abundante no xardín . Realizaron tamén unha visita guiada a fin de coñecer os claustros do mosteiro. Con posterioridade realizaron un traballo escolar no que contaron o aprendido: de historia, arte e coidado do medio e por suposto de convivencia. Para finalizar realizaron xogos cooperativos . Esta actividade foi realizada en colaboración co Centro CPI As Mirandas, o Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Esta asociación quere manifestar o seu agradecemento pola decidida colaboración na difusión do coñecemento e coidado do BIC da comarca. A realización desta actividade ten como obxectivo difundir e coidar o Mosteiro.
 Grazas aos profesores e aos alumnos de 1º de Primaria.
                                                      Asociación de amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.


              

viernes, 23 de junio de 2017

FELICES VACACIÓNS!!!

 Onte  no noso cole, rematamos o curso cheos de ledicia polo traballo realizado en todo este ano.  Agora toca descansar un chisquiño e repoñer forzas cara o curso que ven. Parabéns a todos polo traballo ben feito .
Aquí vos deixamos un pequeño resumo da festa de fin de curso.

                                                              
                                                                  
                                                              FELICES VACACIÓNS!!!


               

jueves, 22 de junio de 2017

GRADUACIÓN DOS ALUMN@S DE 4º NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe, nun  emotivo acto,  entre melancólico e alborozado, despedimos aos nosos  alumnos e alumnas de 4º ESO.  Unha mestura de satisfacción polo deber cumprido, por uns e por outros, e de tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia como membros do CPI As Mirandas. Desexámoslles a tod@s   moita sorte nesta nova etapa que comezan  e xa sabedes…aquí teredes sempre a vosa casa.

Parabens  e… moita sorte!!!




miércoles, 14 de junio de 2017

E GAÑAMOS!!!!!!!!!

O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso  "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto. 



martes, 13 de junio de 2017

NO CPI AS MIRANDAS FESTEXAMOS O DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS QUE SE CELEBRA O 14 DE XUÑO

Hoxe  14 de xuño, queremos festexar o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos que forman parte dos centros educativos de Galicia.



E con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).  Grazas a Luísa Lombardero, a nosa intérprete de signos, porque sen ela isto non sería posible.

 Este foi o resultado, esperamos que vos guste!!!

OS NOSOS PROXECTOS NA PRENSA

http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/14417/centros-de-ensino-que-innovan-ares-e-monfero-dan-exemplo/

sábado, 10 de junio de 2017

CONCENTRACIÓN DE COLEXIOS NA PRAIA DE ARES

Por Yaiza Pereiro e Natalia salido (1º A ESO)

O pasado  día 18 de maio os nen@s de 1º da ESO de Ares , Mugardos e de Monfero fomos  á  praia de Ares  facer unhas  actividades, dende as 9:30 ata as 14:00.

Cando chegamos a praia, os monitores (Juan windsurf, David padelsurf, Antón vela…)nos explicaron cada actividade. Despois nos explicaron as normas de cada deporte e déronnos uns horarios que cumprir. A continuación cada grupo foi  xogar á área correspondente.

ACTIVIDADES ACUÁTICAS

 windsurf  


        padeldurf

            
Vela


Kayak


ACTIVIDADES TERRESTRES

Volleyball


                           Fútbol e Baloncesto          
    


Grazas ao centro escolar e ao concello por permitirnos facer esta actividade na praia. Grazas a iso pasámolo moi ben e unímonos máis como grupo. 


jueves, 1 de junio de 2017

CANTOS DE CEGO

Os alumnos e alumnas de 2º de E.P. fixeron un  " Canto de Cego " con zanfona incluída grazas a Emilio Mesías.Esta actividade está  enmarcada  dentro do proxecto de aula sobre a Idade Media titulado " Quen fomos, Quen somos e Quen seremos " que están a levar a termo os nenos e nenas deste ciclo. 

             

QUE ERAN OS CANTOS DE CEGO

Os "Cantos de cego" ou "Romances de cordel" eran historias, baseadas en feitos reais manipulados, contadas ao son dalgún instrumento musical (zanfona, violín...). A maioría das veces eran contadas e cantadas por cegos ou lisiados, que ofrecían os libretos das súas coplas.
A maioría das veces as cantaba o cego e había un axudante vidente ou lazarillo, que ao finalizar as cancións vendía as coplas.
Nas Coplas de Cordel, a maioría das veces as vendía o autor e ofrecíanse as súas follas colgadas nun cordel ou lenzo, atadas dunha árbore a outro.
Os textos dos folletos eran simples e coloquiais, polo que foron desprezados durante moito tempo, pero serviron de vehículo divulgador das tradicións populares, da arte cotián e dos autores locais, axudando a manter a identidade local e o folclore nacional. As Coplas de Cego, existen desde a Idade Media, pero durante a primeira metade do Século XX acadaron un enorme auxe e así cando chegaban os cegos ás poboacións, feiras ou festas, a xente formaba roda en torno deles, esperando oír as súas coplas.


sábado, 27 de mayo de 2017

VIAXE A COMPOSTELA

Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 29 para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois tiñamos unha actividade sorpresa. A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa. 


Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía e pola nosa compañeira Vanesa, que lles preparou unha aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura. Tiñan que localizar once puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.





EQUIPO GAÑADOR

Fixérono de marabilla e todos eles puxeron moito empeño na tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito divertido de aprender un montón sobre Compostela e de cooperar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi ben xuntos, e tamén un bo exercicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos e chegou a hora de xantar, aínda que case todos comeran xa algo durante a busca. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo e o día nos acompañou; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamento, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido todos xuntos.

MAPA ITINERARIO DO XOGO