jueves, 31 de marzo de 2016

PREVISIÓN DO TEMPO PARA ESTA FIN DE SEMANA

Como di o refrán, "En abril augas mil" e non é para menos xa que despois destes días tan chuviosos, parece que en abril seguiremos con choivas, aínda que menos intensas cas pasadas. Pero para saber o tempo que vai facer cara esta fin de semana, nada mellor que ver a previsión que nos presenta a nosa reporteira do tempo.


              

miércoles, 30 de marzo de 2016

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO “V SEMANA PROBLEMÁTICA”


Tal como anunciamos hai días, celebrouse no centro a V Semana Problemática organizada polo Departamento de Matemáticas coa colaboración e participación do alumnado de secundaria. Foron cinco xornadas de problemas nos que os alumnos depositaban as respostas nunha furna colocada na entrada.


O día 18 de marzo tivo lugar a entrega de premios correspondentes a cada un dos días de concurso:
*15 de febreiro: 37 participantes dos que 17 resultaron gañadores. Sorteando o premio entre eles o azar quixo que a elixida fora Laura García Vila  de 4ºA.



            * 16 de febreiro: 21 participantes e o gañador foi Anxo Garrote Espantoso de 3º A.



 *17 de febreiro: 19 participantes e a gañadora foi Elena Martínez de 3ºA.


*  18 de febreiro: 20 participantes dos que 8 resultaron gañadores. Sorteando o premio entre eles a elixida foi Icía Bermúdez de 2ºA.


*19 de febreiro: 5 participantes. Premio deserto por non haber resposta correcta.


Moitas grazas a todos e todas pola ilusión que poñedes no concurso e vémonos na “VI SEMANA PROBLEMÁTICA” no curso 2016-2017.


lunes, 28 de marzo de 2016

PROXECTO DE INFANTIL: "OS ASTRONAUTAS"


Os nenos e nenas de infantil estiveron traballando durante o curso sobre un proxecto interesantísimo no que investigaron sobre o espazo, os astronautas,os planetas, o sistema solar....


Acompañados do robot Ares2R2 realizaron unha viaxe a través do espazo e do tempo para mostrarnos todo o que aprenderon. Aquí a podedes ver no seguinte vídeo.


   
              

domingo, 20 de marzo de 2016

Nós tamén fomos emigrantes. As migracións a través do diálogo cos maiores

«O valor da experiencia» é un programa interxeracional que Afundación está a desenvolver nas localidades de Galicia onde se sitúan os seus 11 Centros de Maiores, e cuxo obxectivo é que  as persoas maiores lles transmitan á mocidade os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo de toda a vida, ao tempo que se enriquecen do diálogo con xente nova e se favorece o entendemento mutuo e, ademais, que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe, que aproveiten a experiencia das persoas maiores, fomenten o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións. Así que no noso centro puidemos achegarnos ao fenómeno da emigración a través do diálogo con eses maiores.
E para falarnos disto ninguén  mellor que esas persoas que viviron en carne propia o fenómeno da emigración forzada en busca da procura dunha vida mellor. Así, tivemos con nós a Aurora Aller, José Dopico, Joaquín Leira,  Mª Carmen Fachal e Carmen Tenreiro, que lles contaron aos mozos e mozas as causas polas que tiveron que emigrar, como foi a súa vida nos lugares aos que emigraron (Inglaterra, Suiza, País Vasco...), o sentimento de deixar atrás a familia e a terra onde naceron, anécdotas e experiencias vitais que cambiaron en moitos aspectos o devir do pais e concretamente de moitas familias.
 Tamén contamos coa presenza do noso paisano Javier Vilasánchez que nos falou da emigración en Ares e do que supuxo a aportación destes emigrantes para a nosa vila coa creación das Alianzas Aresanas (primeira escola feita en Galicia por emigrantes), e das escolas de Redes (A Tenencia),  Cervás e  Seselle, así como das Sociedades de Instrución en Galicia. Tamén fixo un breve percorrido polo patrimonio indiano de Ares, falounos do exilio, do Bou Ramón, e da emigración continental. E... porque o tempo non deu para máis; dúas horas e media de diálogo, charla e experiencias de vida que se nos quedaron curtas. Todo un luxo para os nosos rapaces e rapazas ter a estas persoas
para entender de primeira man o que supón a emigración forzada da que os galegos, por graza ou desgraza, sabemos ben moito.
Dar as grazas a todos eles pola súa testemuña e a Afundación por esta interesante proposta que achega aos Centros de Ensino o valor da experiencia dos nosos maiores en diálogo cos rapaces e rapazas de hoxe en día.

Neste vídeo podedes ver un extracto desta fantástica charla.

         


viernes, 18 de marzo de 2016

PARABÉNS Á XACOBO DE TORO (excompañeiro), POLO SEU TRABALLO MERECEDOR DUN PREMIO EUROPEO

A Comunidade Educativa do CPI Conde de Fenosa, felicita ao noso excompañeiro, Xacobo de Toro, profesor de Bioloxía e Xeoloxía polo seu traballo:"PREMIO BEST use of media video in STEM"  dentro dos Premios MEDEA en Bruxelas. Presentou o seu método de traballo para as súas flippedclasrrom no Media and Learning preworkshops 2016 en Bruxelas.
Na seguinte foto, podémolo ver  recollendo o Premio.



Sentímonos orgullosos del, foi un pracer traballar con el e desexámoslle todos os recoñecementos, ben merecidos, polo seu dinamismo e innovación na práctica educativa.


 Deixamos a súa entrevista en V Televisión 

http://bcove.me/o32wiys5



jueves, 17 de marzo de 2016

PREVISIÓN PARA A FIN DE SEMANA DO 17 AO 21 DE MARZO

O noso dúo do tempo preséntanos a previsión do tempo de cara a esta fin de semana. Esperamos que disfrutedes dunhas merecidas vacacións de Semana Santa e esperámosvos ao remate das mesmas para encarar a recta final do curso. Boas vacacións!!

               

lunes, 14 de marzo de 2016

RESULTADOS DA VOTACIÓN PARA O CAMBIO DE NOME DO CENRO

Reunida a Comisión para levar a cabo o reconto de votos, neste proceso de cambio de nome do noso centro, informamos á Comunidade Educativa o seguinte:

Os resultados son:
  • AS MIRANDAS239 VOTOS
  • FONTELIDE: 85 VOTOS
  • PONTE DA CISCADA : 118 VOTOS
  •  2 VOTOS EN BLANCO

Seguiremos co proceso para realizar ese cambio : C.P.I "AS MIRANDAS" tal como está recollido nas bases inicais.

Agradecemos a colaboración de todos os participantes neste proceso.

AS MIRANDAS. ARES

SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo os centros educativos galegos celebramos a 28º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituída oficialmente dentro do calendario escolar en 1989 e impulsada pola Voz de Galicia.

No noso centro realizamos unha exposición con xornais e revistas de distintos lugares de España e do mundo e de diversa temática: prensa xeral, prensa deportiva, prensa económica… Poderemos así complementar as nosas clases con exemplares de xornais convertendo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico dos nosos nenos/as e mozos e mozas.

Aquí tedes unha mostra da exposición e aos nenos que por grupos a foron visitando.







viernes, 11 de marzo de 2016

VOTACIÓN DO NOVO NOME DO CENTRO ESCOLAR

Reunida a Comisión do proceso para o cambio do nome do noso centro,  pola  fundamentación, e pola porcentaxe de propostas(nomes propostos por varias persoas) elixíronse os seguintes nomes:

"AS MIRANDAS"
"FONTELIDE"
"PONTE DA CISCADA"

  • A votación terá lugar o 14 de marzo de 2016 co seguinte procedemento:
  • 1     A mesa electoral atoparase na entrada do edificio administrativo, constituída por 2 membros da comisión.
  • 2      Nas papeletas estarán os tres nomes propostos e marcarase 1.
  • 3   Alumnado, profesorado e persoal non docente: Votarán nos diferentes recreos.
  • 4     Familias(pai/nai titor/a legal identificados co DNI) : Votarán pola tarde en horario de 16:30h ata 17:30h.
  • 5     Ás 17:45h. publicarase o resultado da votación.


Toda a información do proceso poderase consultar na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/

A Dirección e a Comisión agradece ao alumnado , profesorado e familias  a súa participación neste proceso.
ANIMAMOS A ASISTENCIA Á VOTACIÓN 0 14 DE MARZO PARA QUE O NOME ELIXIDO SEXA O MÁIS REPRESENTATIVO DE TODA A COMUNIDADE ESCOLAR.

jueves, 10 de marzo de 2016

PREVISIÓN DO TEMPO PARA ESTA FIN DE SEMANA

Yoel, preséntanos o tempo de cara a esta fin de semana. Como poderedes ver na previsión, as chuvias dannos un pequeno respiro e gozaremos duns día mías ben soleados, pero mellor que vexades o vídeo.

               

miércoles, 9 de marzo de 2016

RECURSOS DIDÁCTICOS MANUEL MARÍA

   No ánimo de seguirmos ofrecendo ao longo de todo o curso todo tipo de ferramentas que permitan o traballo didáctico nas aulas arredor da obra de Manuel María, achegamos agora información de novos recursos que xa temos dispoñíbeis na nosa páxina web: www.casamuseomanuelmaria.gal. 



   Trátase, como todos os que xa fomos achegando nos últimos meses, de materiais de uso totalmente libre que compartimos na rede precisamente coa intención de que se aproveiten para o traballo complementario á lectura das obras do escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas. Estes novos recursos son un conxunto de escolmas poéticas elaboradas arredor dunha serie de elementos moi presentes no universo poético de Manuel María: as plantas, árbores e flores, as aves, os animais e o tempo; elementos todos presentes, dunha maneira ou doutra, en todos os libros que máis se axeitan ao traballo escolar. 

  Pódese acceder ás ditas escolmas poéticas a través da sección Recursos da nosa páxina web (columna da esquerda), clicando sobre a lapela Outros. A seguir aparecerá unha listaxe de arquivos en formato PDF entre os que figuran estes novos recursos. Algúns centros están a dirixirse a nós para solicitarnos fotografías de Manuel María das que poder facer libre uso e tamén imaxes dalgunhas das portadas das súas obras máis senlleiras. Tamén desde a nosa páxina web intentamos cubrir esa demanda: na sección Fotobiografía vimos de incorporar unha opción de descarga a carón de cada imaxe, o que permite mesmo a súa impresión nunha resolución moi aceptábel. Na sección de Outros, na categoría de Recursos, incorporamos en PDF as imaxes das portadas de todas as publicacións que vimos editando desde a Casa-Museo, incluindo algúns dos títulos máis emblemáticos de Manuel María. 

   Agardando que estas ferramentas redunden positivamente no traballo nas aulas arredor do escritor e da lectura da súa obra, quedamos á súa enteira disposición. Reciban un cordial saúdo. 
                                  
 Casa-Museo Manuel María. Outeiro de Rei da Terra Cha.

lunes, 7 de marzo de 2016

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, sobre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos progresos realizados cara ao logro da igualdade de xénero. Aínda que se fixeron moitos progresos, estamos moi lonxe de alcanzar a igualdade de xénero no mundo enteiro. Non hai un só país no mundo onde as mulleres consigan a plena igualdade e o pleno goce dos seus dereitos.
Isto, por si só, debería demostrar a necesidade de manter un forte enfoque na igualdade de xénero e os dereitos das mulleres nas axendas de todos os países. As mulleres teñen unha contribución vital para o logro de sociedades pacíficas e sostibles. É por iso que temos que asegurarnos de que participen plenamente e gocen da igualdade de dereitos en todos os ámbitos da vida.
Para conmemorar esta data, catro alumnas de 4º ESO realizaron un programa especial de radio no que fan un repaso á historia deste día así como un recoñecemento á vertente ferminista de Rosalía de Castro, poetísa que tan ben soubo plasmar na súa obra, que a muller tamén sente e padece, que as mulleres podían protestar,  queixarse do que lles faltaba e do que lles arrebataran, e non contentarse con formar unha familia e calar para sempre.

PROGRAMA DE RADIO


Tamém os nenos e nenas de infantil e primaria traballaron esta data e realizaron uns fermosos murais con mulleres que, ao longo da historia, e co seu traballo deixaron a súa aportación nesta sociedade.





jueves, 3 de marzo de 2016

ELECCIÓNS DO NOVO NOME DO CENTRO ESCOLAR

Reunida a Comisión do proceso para o cambio do nome do noso centro,  pola  fundamentación
 polo porcentaxe de propostas elixíronse os seguintes nomes:
"AS MIRANDAS"
"FONTELIDE"
"PONTE DA CISCADA"
A votación terá lugar o 14 de marzo de 2016 co seguinte procedemento:

  •  A mesa electoral atoparase na entrada do edificio administrativo, constituída por 2 membros da comisión.
  • Nas papeletas estarán os tres nomes propostos e marcarase 1.
  • Alumnado, profesorado e persoal non docente: Votarán nos diferentes recreos.
  • Familias : Votarán pola tarde en horario de 16:30h ata 17:30h.
  • Ás 17:45h. publicarase o resultado da votación.

Toda a información do proceso poderase consultar na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/
A Dirección e a Comisión agradece ao alumnado , profesorado e familias  a súa participación neste proceso.


ANIMAMOS A ASISTENCIA Á VOTACIÓN 0 14 DE MARZO PARA QUE O NOME ELIXIDO SEXA O MÁIS REPRESENTATIVO DE TODA A COMUNIDADE ESCOLAR. 



PREVISIÓN DA FIN DE SEMANA, POLO PROFESOR NUBOF

O profesor Nubof, preséntanos a previsión do tempo de cara a esta fin de semana. Xa estamos en marzo pero, polo que se ve, as choivas e o frío continuarán acompañándonos. Podedes ver toda a previsión para os seguintes días no vídeo que vos deixamos aquí.

            

martes, 1 de marzo de 2016

AS ALFOMBRAS FLORAIS DE ARES, POLOS RAPACES E RAPAZAS DE 6º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron un magnífico traballo de busca de información e material gráfico para amosarnos unha das tradicións máis representativas de Ares, a das  Alfombras Florais.  Neste vídeo que tedes a continuación podedes ver un pequeño percorrido pola súa historia  así como unha mostra gráfica das mesmas. Parabéns a todos/as polo voso traballo  e á profe Pili Ramos pola coordinación do mesmo.