viernes, 29 de enero de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase en todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia,  unha data na que debemos  recordar que a paz non é só cousa dun día, senón  de todos,  e temos que axudar a construíla cos nosos pequenos actos de cada día: na convivencia, no respecto a todas e todos, na tolerancia a diversidade, na  tarefa de compartir vivencias xuntos... ...para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
E iso quixemos transmitir todo o alumnado e profesorado do noso centro nun acto conxunto no que os nenos e nenas,rapaces e rapazas de infantil, primaria e secundaria manifestaron os desexos de paz que todos queremos, desexos que quedan reflectidos na xenial ilustración que a nosa alumna Ana Martínez realizou para este día, e que encabeza esta entrada do blog.


Aquí podedes ver o vídeo do acto, no que os rapaces fixeron uns manifestos pola paz e que culminou coa canción SOMOS EL MUNDO.


                

jueves, 28 de enero de 2016

PREDICIÓN METEOROLÓXICA DESTA FIN DE SEMANA

Uxía, a nosa reporteira desta fin de semana, móstranos a previsión do tempo de cara a estos últimos días de xaneiro.

       

jueves, 21 de enero de 2016

PREVISIÓN DO TEMPO DENDE O NOSO COLE

Miriam, a nosa reporteira do tempo, móstranos a previsión do tempo de cara a esta fin de semana.

            

miércoles, 20 de enero de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2016. PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a  celebrar o  Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:
Educación Secundaria e Bacharelato
Propoñemos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte: “Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”, que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía. Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo.
Educación Infantil e Primaria
A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:                                                 
                                                                  Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
 Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos outras actividades que organicedes (vídeos, muráis, traballos…), así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual...) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.

jueves, 14 de enero de 2016

SOMOS EL MUNDO

O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non violencia.  Para conmemorar esta data realizaremos un acto conxunto todos os cursos do colexio (infantil, primaria e secundaria) o xoves 28 de xaneiro de 12:45 a 13.15, xa que a data a conmemorar coincide en sábado.

PROGRAMA  DA XORNADA:
  • Presentación  do acto a cargo da directora.
  • Lectura do texto: “Hoxe aprendín” (Alumnado de infantil e primaria).
  • Lectura do manifesto pola paz. (Alumnado de ESO).
  • Interpretación da canción: “Somos el mundo”. 
  • Solta dunha pomba.
  • Remate.