sábado, 20 de junio de 2015

DESPEDIMOS AOS NOSOS ALUMNOS/AS DE 4º ESO


Nun acto de despedida no que houbo tamén espazo para as bágoas que comezaron a asomar a través da lectura dalgunha carta de despedida, os alumnos e alumnas de 4º da ESO recibiron as súas respectivas orlas de fin de ciclo. No emotivo acto estiveron presentes os profesores da ESO así como compañeiros e compañeiras dos nosos rapaces que xa nos deixan despois de tantos anos neste centro.
Dende aquí queremos desexarlles de corazón, toda a sorte do mundo na nova andaina que comezan e recordarlles que sempre terán abertas as portas deste o seu colexio. Esperemos que veñan a facernos algunha visitiña de vez en cando.

En hora boa a todos eles!!!

Aquí tedes o vídeo co que o noso cole agasallou aos rapaces/as

         

ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CONCURSOS E CERTAMES DO CURSO 2014-2015

Que mellor que o final de curso para recoñecer o traballo e a labor de todos os alumnos e alumnas, así como dos profes, que traballaron duramente ó longo do curso dinamizando e participando nos distintos certames e concursos que se levaron a termo este ano. Así  o xoves 18 de xuño celebramos no pavillón o acto de entrega de diplomas e recoñecementos ás clases e aos alumnos  pola súa participación nos concursos: O Preguntón, Portada de Libros, Mai-Art e Audiovisual  Olloboi.
Para rematar este acto os alumnos e alumnas de 1º A sorprendéronnos a todos cun musical.
Un claro exemplo de inclusión. Gracias a Luisa, Pilar e David polo voso esforzo e dedicación.






                                       

INTERPRETACIÓN DO CONTO " O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"

Os alumnos de 4º  ESO  con optativa de plástica e varios alumnos de 3º ESO, volvemos ensaiar o conto, xa representado o ano pasado a finais de curso para os alumnos de infantil: “O Incrible neno devorador de libros”. Nesta ocasión fíxose a representación para os nenos de 2º e 3º de primaria. A actividade foi unha  colaboración dos departamentos de plástica, música, lingua galega e o EDLG.
Os alumnos de 4º encargáronse de crear e dar vida aos bonecos cos que representabamos a historia, e os alumnos de 3º fixéronse cargo da música e da narración da mesma.
Unha  actividade máis que nos axuda a comprender que o traballo en equipo sempre da bos resultados.
   Aquí tedes unha mostra da estupenda representación    
                   

jueves, 18 de junio de 2015

VIAXE DE 5ºe 6º

COMO VIAXE DE FIN DE CURSO, OS RAPACES DE 5º E 6º FIXEMOS UNHA SAÍDA DE DOUS DÍAS A GRANXA ESCOLA "RÍA DEL EO" EN CASTROPOL. A VIAXE FÍXOSE NO TREN,POUCAS VECES O UTILIZAMOS,POR ISO RESULTOUNOS DIVERTIDO. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI GRATIFICANTE, FIXÉRONSE MOITAS ACTIVIDADES : TIRO CON ARCO, MONTAR A CABALO, TIROLINA, SAÍDAS EN BICI, COIDAR ANIMAIS,OBRADOIRO DE PAN, DE QUEIXO .......... E MOITAS MÁIS. A MAIORIA VOLTOU CON GANAS DE VOLVER OU DE QUEDAR UN POUCO MÁIS......... OS TITORES DÁMOSLLES AS NOSAS FELICITACIÓNS POLO VEN QUE SOUBERON ESTAR .GRAZAS RAPACES POLO VOSO COMPORTAMENTO. ¡¡¡PASADE UN O VERAN!!!!!

lunes, 15 de junio de 2015

PREMIADOS NA II EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

Difícil o tivo hoxe o xurado composto por  Vilariño (profesor e debuxante autodidacta), Marisa Areal e Meli Seoane (profesoras de educación plástica) para elixir aos gañadores e finalistas  da II Edición do Concurso de Portada de Libros. Como sabedes, o concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización lingüística e a Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares pretendeu fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a bó fe que o conseguiu. Presentáronse un total de preto de 140 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais.
Os gañadores e finalistas por categorías foron:

1º CICLO ESO
·         Gañadora: Verónica Rodríguez (1º ESO)
·         1ª finalista: Carmen  Martínez Dragó (1º ESO)
·         2º finalista: Miguel Vilaro (1º ESO)
2º CICLO ESO
·         Gañadora: Ana Martínez (3º ESO)
·         1ª finalista: Raquel Rivera (4º ESO)
·         2º finalista: Paola Toribio (3º ESO)
INFANTIL
·         Gañador: Teo Martínez
·         1ª finalista: Claudia Varela
·         2º finalista: Yoel Díaz
1º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadora: Lucía Vigo
·         1ª finalista: Alba Rey  e Yaiza Lestón
·         2º finalistas: Óscar Fernández, Hugo Cartelle, Marco Espiñeira e Aketza Aranaga
2º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadoras: Noa Montenegro e Clara Magariños
·         1º finalista: Axel Quesada
·         2º finalista: Pablo Rodeiro
3º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadora: Silvia Seoane
·         Finalistas: Sofía Cao, Nacho Cao e Martín Rodríguez


En hora boa a todos e todas!!!!

domingo, 7 de junio de 2015

GAÑADORES DA V EDICIÓN DO PREGUNTÓN

Rematou a V Edición de "O Preguntón". Desde  o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca  queremos dar a en hora boa a todos os que participáchedes nesta edición e os noso parabéns aos gañadores e finalistas. O remate do curso faremos  o acto de entrega de premios e diplomas dos diferentes concursos que estamos a realizar no cole. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o ano mais!!!.
Aquí vos deixamos os nomes dos gañadores e finalistas deste ano.