lunes, 30 de marzo de 2015

METEO-REFRÁNS

Marzo marzador, de noite frío e de día calor; Marzo ventoso e abril chuvioso traen a maio florido e fermoso... Estes son algúns dos meteorefráns que podedes ollar no estupendo vídeo que fixeron os nenos das clases de terceiro A e B. Nin Pemán nos seus mellores tempos o fixo mellor. En hora boa aos peques e a súa profe. Premede no vídeo para velos.

 

miércoles, 25 de marzo de 2015

III CONCURSO RELATO CURTO CONCELLO DE ARES

Por terceiro ano consecutivo o Concello de Ares organiza o III Concurso de Relato Curto. Despois do magnifico obradoiro sobre relato curto que realizou o profesor e escritor Fernando Díaz-Castroverde, de seguro que non teredes ningún problema en deixar voar o voso maxín e poñervos mans a obra para presentar as vosas creacións ao concurso. Ánimo... e a contar!!!
 Aquí vos deixamos as bases. 




APRENDEMOS A CONTAR


Homer Simpson, nocilla, nave espacial, piollo, zombi. Como enfías todas esas ideas para artellar un relato?. Con esa suxerencia motivadora, o profesor e escritor Fernando Díaz-Castroverde, tentou provocar a creatividade literaria no imaxinario do alumnado da ESO.
Ao longo da sesión de obradoiro que impartíu, propuxo diferentes métodos imaxinativos para rachar coa habitual obstrución que nos dificulta a creación literaria. Todo serve como material narrativo, todas as formas de presentalo son útiles para botar a contar.
Perdemos o medo. A contar!!!






martes, 24 de marzo de 2015

CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA


A Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional  de Ourense, en colaboración coa Secretaria Xeral de Política Lingüística, convoca o VI Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 20 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrara entre o 14 e o 22 de novembro de 2015. 0 Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a vision desta sobre  a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito critico. Este Certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.


miércoles, 18 de marzo de 2015

3º CICLO .CORUÑA:CONCERTO -DOMUS-CASA DAS CIENCIAS

HOXE OS RAPACES E RAPAZAS DO 3º CICLO FIXEMOS UNHA VIAXE A CORUÑA. ESTIVEMOS NO PALACIO DA ÓPERA PARA ASISTIR A UN CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA :" A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO" LOGO ESTIVEMOS NA DOMUS ,ONDE APRENDIMOS MOITAS COUSAS CURIOSAS.TAMÉN XANTAMOS ALÍ ,TODOS XUNTOS, .POR PRIMEIRA VEZ PARA OS NENOS DE 5º FIXEMOS UNHA COMIDA ENTRE COMPAÑEIROS. XA POLA TARDE NOS DESPRAZAMOS A CASA DAS CIENCIAS. ALÍ TAMÉN VIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES.EN DIRECTO VIMOS O NACEMENTO DUN POLIÑO , COMO ROMPÍA O OVO E ÍA SAINDO POUCO A POUCO.TAMÉN SUBIMOS A UNHA SESIÓN DE PLANETARIO,ONDE NOS EXPLICARON MOITAS COUSAS, ENTRE ELAS O QUE ERA UN ECLIPSE E QUE O PODEMOS VER O VINDEIRO DÍA 20 POLA MAÑÁ. CHEGAMOS DE VOLTA UN POUCO CANSOS(XA ERAN AS 19H.) PASÁMOLO MOI BEN.PERO TEMOS QUE PROMETER QUE A PRÓXIMA VEZ SABEREMOS PORTARNOS UN POUCO MELLOR( algúns,claro). DE ACORDO????

NÓS LEMOS, E TI...?

Co fin de promover a cultura galega a través da literatura infantil e xuvenil a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), organiza o concurso escolarNós lemos, e ti? destinado a lectoras e lectores que estean estudando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria.

 


lunes, 16 de marzo de 2015

VISITA A UNHA EMPRESA DE ECONOMIA SOCIAL

No noso cole xa levamos varios anos presentándonos ao Concurso Escolar ONCE, con moi bos resultados, por certo. Este ano o lema é “Persoas que pensan en persoas”: apoia a economía social. E hoxe os alumnos e alumnas de 5º de primaria foron, por xentileza da Fundación ONCE, a visitar unha empresa de  economía social dedicada á “lavandeiria industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as súas capacidades e competencias.
Nada máis chegar recibiunos moi amablemente o seu director  Rafael Pichel quen nos explicou de xeito moi didáctico o que era iso da economía social, aínda que non tivo que afondar moito xa que os rapaces e rapazas sabían perfectamente o concepto (mira que son listos estes nenos). Explicounos tamén, interrompido polas moi pertinentes preguntas dos alumn@s, que se dedicaban a procesar toda tipo de roupa que se xenera nos hospitais, hoteis, empresas, residencias.. Logo amosounos como era o proceso de traballo antes de ir ver, cos nosos propios ollos, o funcionamento.  E alá fomos. Enfundados coas camisetas que nos regalaron, comezamos o noso percorrido polas instalacións. E puidemos ver todo o proceso da industria, dende  o desembarco da roupa sucia, ata a súa clasificación para o lavado, as inmensas maquinas que lavan máis de media tonelada de roupa nunha hora, o proceso de secado, planchado e posterior embalaxe para devolvelas limpas e resplandecentes aos seus lugares de orixe. Neste percorrido tamén nos acompañou Luís, que é o xefe de produción da planta.

E durante o percorrido atopámonos traballando a Claudio, un operario Xordo co cal, sorpresa!!, puidemos comunicarnos un pouquiño grazas aos nosos pequenos coñecementos da lingua de signos que nos ensinou Luísa, a profe de lingua de signos do noso cole. Como “fliparon” os rapaces e rapazas. Podedes ver o vídeo máis abaixo.
E xa rematada a visita volvemos con Rafa á sala de reunións onde os rapaces volveron a facerlle unha morea de preguntas. Para rematar regalounos unhas estupendas bolsas/mochilas que nos van  vir moi ben para meter as nosas cousiñas. 

A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer. 

Aquí tedes o vídeo-resumo.

                   

lunes, 9 de marzo de 2015

AS NOSAS ALUMNAS NA VI EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE

O proxecto Parlamento Xove confórmano un conxunto de encontros dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre os xoves o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciaranse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.
Trátase pois, dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. A actividade desenvolverase nunha fase inicial de investigación e argumentación de ideas na rede e unha fase final de debate dialéctico.
 O día 7 de marzo tivo lugar nas salas da Deputación da Coruña a fase clasificatoria ao que acudiron, como veñen facendo dende hai 2 cursos, un grupo de alumnas de 3º e 4º ESO preparadas e acompañadas polo profesor de L. Galega, Xoan Barrio. Na presente edición as alumnas, Alba Brage Varela, Noelia Calvo Tizón, Raquel Pérez Rivera de 4º ESO e Raquel Santamariña Taboada de 3º ESO, realizaron 3 debates durante o longo do día dos que gañaron 2, realizando unha defensa excepcional da súa posición ben a favor ou en contra (por sorteo) do tema : "A maioría de idade aos 16 anos?", manexando unha argumentación e unhas habilidades de expresión oral e escrita formidables.

Parabéns a todo o equipo polo traballo ben feito e destacar que a nosa alumna, Alba Brage, foi unha das 4 mellores debatistas desta Edición.

             

              


   

miércoles, 4 de marzo de 2015

XA ESTÁ AQUÍ A " II EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS"

O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar (Carabela) do noso centro,  organizan a II Edición do Concurso de "Portada de libros" para fomentar a lectura en galego e a capacidade creativa do noso alumnado.

 Aquí tedes as bases. Veña animádevos a crear!!!!!.


                       
                           II edición concurso portada de libros from Yolanda Castro López