viernes, 30 de enero de 2015

CONTOS PARA A PAZ .

Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia os alumnos e alumnas de 4º da ESO, (Alba, Noe, Andrea, Begoña e José Manuel), prepararon e interpretaron  dous contos para os pequerrechos de primaria. As historias tituladas "A espada pacifista" e "Buscando a paz", encantáronlle aos mais pequenos, que estiveron moi atentos e participativos coma sempre. Aquí vos deixamos o vídeo da sesión e os contos para que gozedes coa súa lectura. 
Moitas grazas aos peques e as súas profes pola súa visita e parabéns aos rapaces/as da ESO polo seu traballo.



jueves, 29 de enero de 2015

CELEBRACION DO DÍA DA PAZ NO NOSO COLE.

Hoxe 30 de xaneiro celébrase en todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non Violencia,  pero recordade que a paz non é só cousa dun día, dunha data siginificativa, senón que a paz é cousa de todos os días e temos que axudar a construíla cos nosos pequenos actos de cada día.
No noso centro fixemos unha morea de actividades en todos os cursos desde infantil ata primaria e secundaria. Así, os rapaces da ESO realizaron unha serie de debuxos relativos á paz que foron convertidos en pegatinas e que repartiron os alumn@s de 1º ESO polas distintas aulas, ademáis de falarlles un pouquiño aos mais pequenos do significado desta data.



A nosa brillante ilustradora Ana Martínez (3º ESO) realizou este estupendo cartel para conmemorar este día.

Por outra banda os rapaces de 4º ESO realizaron unha sesión de contacontos para os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria. Alba, Noe, Andrea, Begoña e José Manuel levaron a termo esta sesión. Os pequenos desfrutaron moito cos contos “A espada pacifista” e “En busca da Paz”, que tan ben ilustraron na ESO con imaxes dos clicks de Famobil.



Por último os alumnos e alumnas de 2º ESO realizaron un estupendo vídeo sobre a paz que podedes ver a continuación.

             

FELIZ DÍA DA PAZ e xa sabedes, intentemos construíla e celebrar a paz de todos os días: a convivencia, o respecto, compartir vivencias xuntos...para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.



domingo, 25 de enero de 2015

A CASA DO AVÓ

No auditorio de Narón no mes de decembro ,os rapaces do 3º ciclo, fomos ver unha obra te teatro :A CASA DO AVÓ .

SPINDERELLA

Os alumnos do 3ºciclo de E.P. estivemos o venres no auditorio de Abanca en Ferrol para ver SPINDERELLA, unha obra de teatro en inglés. Foi moi divertida .

ROSA HUERTAS

O venres 23 de xaneiro os alumnos de 5º de E.P. tivemos a visita da escritora Rosa Huertas , para falarnos do seu libro " LA CAJA DE LOS TESOROS" que previamente léramos.En xeral foi un libro que nos gustou moito a todos e que estábamos desexando que a autora viñera para coñecela e que nos falara del. Foi moi amena e agradable, explicounos moitas cousas de como escribira a obra con feitos reais que ela viviu.Quedamos todos encantados.

lunes, 19 de enero de 2015

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá a mediados dos anos 60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz,  e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores, nin tampouco nas pombas que soltamos ou nos paneis que debuxamos, como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón. Desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, con nós mesmos e cos demais. Tal e como dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro  do noso propio corazón".

Intentemos pois construíla e celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.


            

martes, 13 de enero de 2015

ROSALÍA SEMPRE VIVA

Coa finalidade de conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, a Fundación Manuel María lanza o concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", dirixido a todo o alumnado do ensino non universitario de Galiza. Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder directamente á web da Fundación Manuel María para consultar as bases do concurso.