lunes, 31 de marzo de 2014

PREGUNTAS 2ª SEMANA PREGUNTÓN

Aquí vos deixamos as preguntas desta segunda semana de Preguntón.  Recordade que tamén están expostas no taboleiro do Preguntón. Animo!!!

Premede nelas se as queredes ver mais grandes





jueves, 27 de marzo de 2014

“II CONCURSO DE RELATO CURTO - CONCELLO DE ARES”

O Concello de Ares convoca o II Concurso de Relato Curto. A quí vos deixamos as bases.


miércoles, 26 de marzo de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. LETRAS GALEGAS 2014

Acércase o Día das Letras e desde a AELG achégannos os contidos que sobre Xosé María Díaz Castro dispoñen na súa web:
 Por unha banda, no Espazo didáctico hai dúas unidades didácticas, ambas da autoría do profesor e crítico literario Armando Requeixo, quen recentemente defendeu a súa tese doutoral A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica. A continuación tedes os enlaces se premedes neles.

  - Para a E.S.O.
   -Para o Bacharelato.

Ademais, no Centro de Documentación da AELG, contamos co seguinte material que vos pode ser de utilidade:
Manuel Forcadela
Victorino Pérez Prieto
Armando Requeixo
Xoán Antón Cascudo

lunes, 24 de marzo de 2014

COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso lexendario concurso. Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4 cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar antes do martes seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí vos deixamos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 25 de marzo. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
                           
Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!!

 (Para ver  mellor as preguntas, premede enriba delas)

CUESTIÓNS DO MARTES 25 DEMARZO






miércoles, 19 de marzo de 2014

"O DÍA DA ILUSIÓN". 30 CONCURSO ESCOLAR ONCE

Como ven sendo habitual a ONCE convocou o 30 Concurso Escolar ONCE . Este ano co  lema de "O Día da ilusión”, invítasenos a reflexionar sobre ela como motor da sociedade que nos empurra a superarnos, a perseguir as nosas metas, proxectos e soños.  Para elo se nos pedíu que desenvolvéramos un spot publicitario que mostre por que é tan importante protexela e difundila. E os alumnos e alumnas da ESO puxeronse mans a obra. Aquí tedes os traballos que realizaron e que  foron presentados ao concurso. Xa veredes que chulos!!!.

4º ESO


3º ESO


2º ESO


1º ESO B


1º ESO

lunes, 17 de marzo de 2014

V EDICIÓN DO PREGUNTÓN

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!


 O  MARTES 25 DE MARZO COMEZA O "PREGUNTÓN"...


                        
                                   Bases v edición preguntón from Yolanda Castro López

viernes, 7 de marzo de 2014

POR FIN UN ANTICICLÓN!!!!

Ainhoa nos presenta o tempo para esta fin de semana e por fin daranos boas novas xa  que o sol e as altas presións volven a acompañarnos por uns días. Mirade, mirade!!!.

            

XORNADA DE BIBLIOTECA AO SOL

Despois de meses sen ulir o sol, por fín deixouse ver por estes lares e para celebralo, nós e os nosos libros saímos ao patio a ler baixo a luz e as raiolas do solete Don Lorenzo.


ENTROIDO NO COLE

O entroido deste ano estivo impregnado de artistas : pintores, piratas, músicos, cociñeiros.....toda unha explosión de cor. Aqui deixamos unha mostra fotográfica para que desfrutedes con ela.

                                      




domingo, 2 de marzo de 2014

PREDICIÓN METEOROLÓXICA PARA O ENTROIDO

Aquí vos deixamos a predición meteorolóxica para estes días de entroido. Como adianto direivos que seguiremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións pero... mellor que vexades o vídeo que nos presentan os nosos metereólogos desta semana que son nada mais e nada menos que Pablo Cartelle, Luísa Corredoira e Xacobo de Toro.