martes, 23 de diciembre de 2014

Os rapaces do 3º ciclo,colaboradores da biblioteca escolar, queren desexar a todos un Bo Nadal. As tarxetas están feitas cos seús traballos de plástica.

sábado, 20 de diciembre de 2014

ÉXITO DA IV CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE REALIZADA NO NOSO CENTRO

A pesar do mal tempo que nos acompañou o xoves, o milagre fíxose posible e os nos@s corredores e corredoras solidarios, vencendo a choiva e o frío, correron a “IV Carreira Quilómetros de solidariedade” que organizou o o noso cole.
Foi unha xornada estupenda na que todos os alumnos e alumnas do cole(infantil, primaria e secundaria), correron xuntos por un obxectivo común, “que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades”.

Dende aquí queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa, alumnado, familias e profesorado, polo voso apoio e solidariedade. Sodes moi GRANDES, con maiúsculas!!!.
Grazas tamén á atleta Paula Mayobre que, outro ano mais, acompañou durante toda a xornada aos nenos e nenas e aos non tan nenos, nesta actividade.
Mención tamén aos establecementos colaboradores (Floristería Real e a Frutería de Mari), ao Concello de Ares, Policía Local e Protección Civil.
Fruto da vosa solidariedade os 1.130,43 euros recadados axudarán a que os nenos e nenas de Malí teñan a oportunidade de ir á escola e gozar do DEREITO Á EDUCACIÓN.

NORABOA A TOD@S E GRAZAS, DE NOVO, POLA VOSA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN!!!!    
BO NADAL!!!

Aquí vos deixamos os videos da xornada.

                                       
CARREIRA SECUNDARIA
                    

CARREIRA INFANTIL E PRIMARIA
                   





jueves, 11 de diciembre de 2014

CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE 2014

Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
O alumnado de secundaria do noso centro leva xa 4 anos participando nesta actividade  en colaboración coa ONG “Save the Children”, e este ano por primeira vez, sumaranse os alumnos/as de primaria e infantil.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € (prazo 24 de novembro ata 10 de decembro) por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carnet de corredor e un diploma acreditativo de participación.
 Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children á reconstrucción de infraestructuras escolares en Mali.
Un ano mais, a atleta aresana Paula Mayobre  estará connosco  e   apoiará esta causa coa súa presenza correndo cos rapaces e rapazas do noso centro.

Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 18 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


ÉXITO DA OPERACIÓN QUILO DE NADAL


jueves, 27 de noviembre de 2014

CHARLA SOBRE DROGODEPENDENCIA

Organizada polo departamento de orientación tivemos hoxe unha charla moi interesante  sobre a problemática das drogas e o risco que supón mergullarse nese mundo.  O protagonista da mesma foi Mario  un  xoven de Ares que, acompañado de Fernando (garda civil que xa coñecemos por ter impartido xa varias charlas aos alumn@s), quixo compartir a súa testemuña para que os rapaces saiban o fácil e perigoso que é cruzar esa delgada liña vermella e o difícil que é sair dese mundo.
As veces as  experiencias  contadas en primeira persoa axúdannos a ollar doutro modo a realidade, neste caso, o mundo da droga. Mario transmitíu dun modo emotivo e pedagóxico o inferno que supuxo a droga na súa vida e na da súa familia e amigos.  Dende aquí queremos darlle as grazas por ter o valor e a boa vontade de falar ante os alumnos de temas que son difíciles de afrontar e ademais, de facelo dun modo totalmente altruista.
 En palabras de Mario  “con tal de que esta charla sirva para evitar que un rapaz ou rapaza  se dé conta de que vai polo camiño equivocado e que rectifique a tempo, xa me conformo”.

Como dixo Fernando (o garda civil), a reinserción é sempre algo difícil e depende dun mesmo, de querer sair deste mundo e de ter a vontade de facelo. Penso que Mario pouco a pouco vai a reencontrar o seu camiño e a vida que como el mesmo dixo, perdeu en todos eses anos de cegueira e vacío. Llo desexamos de todo corazón. Grazas Mario  pola túa testemuña.



sábado, 22 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrouse en todo o mundo o “Día Internacional dos Dereitos da Infancia” e para conmemorar esta data o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO estiveron preparando durante varias semanas unha actividade para os nenos e nenas de infantil e primaria. A actividade consistíu na maquetación e representación do conto “Na procura dun mundo maravilloso”, no que un grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade embárcanse nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.
Os nosos contacontos foron en distintas sesións, Andrea e Begoña (4º ESO), Marta ,Fran, Fátima e Ana (2º ESO) e Ana Martínez, Antonio, Paola e Mayolla (3º ESO). Todos e cada un deles mostráronnos as súas dotes interpretativas e o seu dominio á hora de contar historias. E non só iso, tamén nos demostraron, como veredes no video pendurado mais abaixo, as súas capacidades musicais facendo unha pequeña coreografía para bailar cos pequenos a “Canción dos Dereitos”.
Logo do conto os rapaces e rapazas de primaria participaron na actividade do "Pasapalabra dun mundo marabilloso” como complemento á sesión do contacontos. Utilizando as letras do abecedario os nenos e nenas demostraron a atención prestada durante a sesión, así como os seus coñecementos no campo da educación para o desenvolvemento. 
Se queredes volver a facelo cos vosos amigos aquí vos deixamos pendurado mais abaixo o "Pasapalabra", pero... acordádevos de ler primeiro o conto de “Na procura dun mundo maravilloso”.

E como broche final todos os nenos/as foron agasallados cuns marcapáxinas feitos polos rapaces da ESO e que ilustran os dereitos que todos os nenos e nenas deben ter.
En hora boa a todos os alumnos/as que preparáchedes esta actividade xa fora na montaxe do conto, recortando os marcapáxinas, elaborando o pasapalabra ou narrando esta historia marabillosa. Parabéns  por facelo tan ben e demostrar as vosas capacidades creativas e felicitar tamén de modo especial  a Ana Martínez  (3º ESO) que unha vez mais demostrou as súas dotes de ilustradora creando e debuxando os personaxes do conto.
E non nos esquecemos por suposto de felicitar aos nenos e nenas de infantil e primaria que estiveron moi atentos e participativos en cada unha das sesións. En hora boa a tod@s.


Esta actividade está organizada polo Departamento de Reli, o EDLG e a Biblioteca escolar. O EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.









 






                  
                        Xogo pasapapalabra conto dereitos from Yolanda Castro López

martes, 18 de noviembre de 2014

MALETA VIAXEIRA DE MATEMÁTICAS

 A chegada aos centros do cartel co lema BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO! é unha contribución da consellería á visibilización das múltiples posibilidades da biblioteca ao servizo do currículo e, tamén, da súa potencialidade para espertar o gusto polas matemáticas. A nosa biblioteca escolar bota a andar un proxecto anual ben interesante, as MALETAS VIAXEIRAS DE MATEMÁTICAS para primaria. Percorrerán todas as aulas de primaria e permanecerán en cada unha de dúas a tres semanas.
 Aquí vos deixo o material que contén. 

sábado, 15 de noviembre de 2014

NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO


Liberdade vivía nun país no que  todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que ela  pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na procura dun mundo mellor. No seu percorrido foi atopando outros nen@s que....
Queredes saber como remata a historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o alumnado da ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s.  
Esperámosvos!!!

Esta é unha proposta do Equipo de Dinamización Lingüística, o Departamento de Relixión e a Biblioteca Escolar.

sábado, 8 de noviembre de 2014

SE QUEREMOS QUE PASE ALGO, TEMOS QUE SOÑALO.

Se ben é certo que encontrarse con publicidade que che atrape de principio a fin é todo un reto nestes días, debemos recoñecer que os publicistas de Gadisa o lograron. Non só atrapando a nosa atención; senón tamén realizando unha chamada á reflexión, apelando a que a percepción do mundo depende dos ollos cos que se mire, e transmitindo unha mensaxe de optimismo, facendo un chamamento aos soños como ese motor de facer que as cousas sucedan: "se queremos que pase algo, temos que soñalo! ". Introducindo ademais o concepto de que hai que volver a nacer (como metáfora de reinventarse para saír desta nova situación que vivimos, á que seguimos chamando crise).
No spot que vos deixamos a continuación, os protagonistas son os avós. Eles son os que transmiten a sabedoría aos máis novos a través da experiencia, narrando diferentes situacións e reflectindo a forma “en que as afrontamos os galegos”; todo contado con ese ton nostálxico e tenro con que os maiores contan aos máis novos a súa visión das cousas.

               

OUTONO: MATERIAIS E RECURSOS


A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten na súa web novos materiais e recursos relacionados coas tradicións deste tempo de outono. Premendo a imaxe superior podedes visitar directamente a páxina: 

sábado, 1 de noviembre de 2014

SAMAÏN

O xoves 30 de outubro celebramos o Samaín no noso cole. Fixemos moitos traballos. Deixamos que os vexades. Esperamos que vos gusten

jueves, 23 de octubre de 2014

"Ghalegho", fenómeno viral.

Un grupo de mozas e mozos reivindican o uso da "gheada" e do "seseo" nun vídeo nas redes sociais.


            

sábado, 11 de octubre de 2014

FRASEOLOXÍA NA REDE

A lingua galega conta cunha enorme riqueza fraseolóxica. Para revitalizar e difundir a nosa fraseoloxía, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela realizou un traballo de fraseoloxía no que se visualiza o significado de frases feitas a través de imaxes suxestivas. Aqui tedes unha mostra:


                           

E si queredes utilizar a fraseoloxía en Rede,  tedes unha aplicación para móbiles con case 10.000 refráns. O Refraneiro galego é unha aplicación para iPhone, iPod e iPad que permite consultar os 9.500 refráns que o compoñen, incluso en modo offline (sen estar conectado a internet). A aplicación, que se pode mercar en Apple Store por un prezo de 0,79 euros, tamén permite compartir os refráns nas redes sociais ou a través do correo electrónico.

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2015

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) fixo pública o pasado venres, 3 de outubro, a convocatoria do Concurso-exposición do Día das Letras Galegas 2015. O prazo de presentación dos traballos remata o día 12 de xaneiro de 2015. 

 

lunes, 29 de septiembre de 2014

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

Comezamos o novo curso recomendando a sección de recursos lingüísticos da páxina Kit para a normalización en rede  .
  (Preme na imaxe)

“Trátase de ligazóns a recursos que che permitirán elaborar textos de calidade e tamén difundir ferramentas útiles entre todas aquelas persoas que desexen mellorar os seus escritos: dicionarios, vocabularios, correctores, tradutores, modelos de documentos…

Preme na imaxe


domingo, 21 de septiembre de 2014

NOVO CURSO 2014-2015!!!

Pois si, xa está aquí o novo curso escolar. O empezamos con ilusións renovadas, con moitas ideas, proxectos en mente e ganas de aprender, porque na vida todos somos eternos aprendices. Esperamos que o verán fora aproveitado do mellor modo posible, e que o seu recordo axude a alimentar esa actitude positiva tan necesaria e intelixente de ser felices e de facer felices aos demais. Así que aí van os nosos mellores desexos para este novo curso. 

Saúdos dende o Equipo de dinamización da lingua galega.




domingo, 7 de septiembre de 2014

O NOSO CENTRO OBTÉN UNHA MENCIÓN ESPECIAL NO XVIII SIMPOSIO IBÉRICO DE BIOLOXÍA MARINA

A semana pasada celebrouse en Gijón o XVIII SIMPOSIO IBÉRICO DE BIOLOXÍA MARINA no que mais de 170 científicos de todo o mundo (incluído o noso amigo e paisano Javier Cristobo), reunironse para compartir as últimas investigacións sobre o mar. Neste simposio o noso colexio obtivo a Mención Especial á Comunicación en formato Poster polo traballo titulado “Creación dunha Guía Interactiva do intermareal con alumnos de secundaria”. Esta guía foi dirixida e creada polos profesores Xacobo de Toro, Jorge Gutiérrez, L. Corredoira y P. Molina. En hora boa polo traballo.



http://www.concellodeares.com/amplianota.php?cod=1654


Premede na foto para ver a noticia

lunes, 1 de septiembre de 2014

ROTEIRO TO CHANTEIRO

Aquí tedes un vídeo resumo da actividade realizada polo alumnado da ESO  a Chanteiro.

                    


                       
                               Roteiro gran gincana instruccións from Yolanda Castro López

domingo, 13 de julio de 2014

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

A Henry encantábanlle os libros, pero non como nos encantan a ti e a min, non. Non exactamente... a Henry encantáballe comer libros!!!
Así comeza esta historia baseada na metáfora alimentaria ou gsatronómica sobre a lectura.

Dicía Paul Auster que "se os seres humanos non puidesen soñar polas noites se volverían tolos; do mesmo xeito, se a un neno non se lle permite entrar no mundo do imaxinario, nunca chegará a asumir a realidade. A necesidade de relatos dun neno é tan fundamental como a súa necesidade de comida e maniféstase do mesmo xeito que a fame".

Os alumnos de 2º ESO e 4º ESO (EPV) xunto coas súas profes e coa colaboración dos departamentos de música, plástica, galego e o EDLG, decidimos dar vida a este conto de Oliver Jeffers e realizamos unha adaptación do mesmo. Magoa que o final de curso veusenos enriba e non puidemos representalo para todos os cursos de primaria. Pero non vos preocupedes...ao comezo do próximo curso volveremos coas representacións para que todos os nenos e nenas poidan gozar deste conto e dos fermosos debuxos que realizaron as rapazas de plástica coa súa profe Marisa, así como a fermosa interpretación musical preparada por Teresa cos alumnos/as de música.
Para que vaiades facendo boca, aquí vos deixamos un vídeo cunha das representación feitas ao final de curso para os pequerrechos de infantil. No vindeiro curso mais e mellor!!!


          

                 

sábado, 21 de junio de 2014

ACTO DE ENTREGA DO PREMIO METEOESCOLAS



Onte recibimos da man do director de Meteogalicia, Vicente Pérez, e de Alberto Sacido, asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, o I Premio do Programa meteoescolas, grazas ao proxecto "Todos a tempo. Un proxecto integral de Metereoloxía dende infantil a ESO", que realizamos ao longo deste curso.  Tamén nos acompañou Eugenio Fernández concelleiro de cultura do Concello de Ares. En hora boa a toda a comunidade educativa!!!!!.

                 

jueves, 19 de junio de 2014

EXHIBICIÓN DE DEPORTE INCLUSIVO

Hoxe no cole de Ares as catro escolas que desenvolve a Mancomunidade, baloncesto en cadeira de rodas, tenis en cadeira de rodas, boccia e baile adaptado, ofreceron unha exhibición no pabillón polideportivo para dar a coñecer estas modalidades dende o punto de vista técnico, e, por suposto, disfrutar dun espectáculo aberto a todas e todos. Aí estivo o noso campeón aresán Alvaro Yllobre. Aquí tedes unha mostra:








miércoles, 18 de junio de 2014

ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS DE PORTADA DE LIBROS E "O PREGUNTÓN"

Hoxe entregamos os premios dos Concursos de Portada de Libros e O preguntón. Felicidades a todos os premiados e  participantes.E  xa sabedes... esperámovos na próxima edición o vindeiro curso.


                          

miércoles, 11 de junio de 2014

GAÑADORES DO CONCURSO DE EDUCABARRIÉ "XEOMETRÍA DA NATUREZA"

O noso alumnado de 3ºB e 4ºA e B acadaron (xunto co Colexio Martín Códax) o premio do Concurso “Xeometría da Natureza”, que consistía en analizar dúas fotos proporcionadas pola organización, atopando nelas patróns xeométricos e matemáticos, para despois plantexar hipóteses biolóxicas deses patróns. Foi un traballo en equipo cunha primeira etapa de visualización de vídeos sobre a presenza das matemáticas na natureza, para logo facer debates sobre os patróns atopados e as hipóteses das devanditas fotos. O alumnado participou de xeito moi activo e fixo un bo traballo. Parabéns a eles e as súas profes!!!!!

martes, 10 de junio de 2014

O NOSO COLE GAÑADOR DO PRIMEIRO PREMIO DO PROXECTO METEOESCOLAS

Xa o curso pasado apuntábamos maneiras cando recibimos o 2º premio do Proxecto Meteoescolas pero este curso superámonos. Grazas ao bo facer e á labor e  traballo do profe Jorge xunto coas profesoras e profesores do cole que, desde infantil , primaria e ESO traballaron arreo durante todo o curso, conseguimos acadar o 1º Premio do Programa Meteoescolas.

En hora boa a todos os/as  profes polo voso traballo e esforzo, a todos os alumnos/as de infantil, primaria e ESO e por suposto ao noso xenial coordinador Jorge. Con semellante plantel de artistas..non digades que non da gusto traballar!!!!!.



sábado, 7 de junio de 2014

"RIA DEL EO" 6º DE PRIMARIA

OS DÍAS 4 E 5 DE XUÑO OS ALUMNOS DE 6º DE E.P. FIXEMOS A NOSA VIAJE DE FIN DE PRIMARIA. VIAXAMOS EN TREN A GRANXA ESCOLA " RÍA DEL EO" EN CASTROPOL (ASTURIAS).PARA MOITOS FOI A NOSA PRIMEIRA VIAXE EN TREN. REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES: FIXEMOS PAN,MONTAMOS EN BICICLETA, A CABALO NUNHA EGUA CHAMADA PALOMA,TIRO CON ARCO, VELAS,TIROLINA,COIDAMOS ANIMAIS,ORDEÑAMOS A VACA PARA LOGO FACER QUEIXO CON ESA LEITE,PLANTAMOS LEITUGAS QUE LOGO COMERÁN NENOS DOUTROS COLEXIOS..... TAMÉN TIVEMOS TEMPO LIBRE PARA XOGAR E CHARLAR.BUENO TAMÉN TRABALLAMOS :FIXEMOS AS CAMAS, PUXEMOS A MESA, RECOLLIMOS.... POLA NOITE TIVEMOS VELADA CON XOGOS DIVERTIDOS E LOGO.......SESIÓN DE DISCOTECA. ÁS 12 MANDÁRONNOS A DURMIR , BUENO CON TANTA LEDICIA DURMIMOS MOI POUCO ..... ¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN !!!!! OS PROFES QUEDAMOS CONTENTOS CO VOSO COMPORTAMENTO. ¡A SEGUIR ASÍ!. BUENO UN POUCO MENOS FALADORES.

domingo, 1 de junio de 2014

CIENCIA EN RUTA

Os monitores de Ciencia en Ruta convertiron o noso cole na Axencia Espacial Conde de Fenosa de Ares. Despois dunha introducción teórica na que falamos do espacio, da Física e algunhas das súas leis, de Isaac Newton,... fixemos equipos, eleximos portavoces e empezamos a construir os nosos foguetes con botelllas de plástico, cartón, cartolina e pouco máis. Logo dun intenso traballo en equipo, os foguetes estiveron listos e preparados para o lanzamento. Foi IMPRESIONANTE!!! Que velocidade e altura acadaron! Foi un obradoiro xenial. Encantounos.

jueves, 29 de mayo de 2014

PREMIADOS NO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS


Difícil o tivo hoxe o xurado composto por Antonio Seijas (Ilustrador), Vilariño (profesor e debuxante autodidacta), Marisa Areal e Meli Seoane (profesoras de educación plástica) para elixir aos gañadores e finalistas do I Concurso de Portada de Libros. O concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización lingüística e a Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares pretendeu fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a bó fe que o conseguiu. Presentáronse un total de preto de 70 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais: témperas, collage, banda deseñada, composicións e distintas texturas puidéronse ver nesta fantástica exposición. Desde aquí queremos agradecer ao noso artista local Antonio Seijas a súa colaboración como membro principal do xurado. Grazas Toni por estar sempre que requerimos a túa presenza. É sempre un luxo terte con nós.
 Agradecer tamén a participación de Vilariño, querido compañeiro do noso centro que sabemos que non nos esquece e que sempre acode as nosas chamadas. E como non as profes de educación plástica do noso cole. E felicitar a todos os alumnos participantes.

 Sodes uns artistas!!!!

Os gañadores e finalistas por categorías foron:
  • 1º CICLO ESO: Alba Tabeayo (1º ESO) e Ana Martínez(2º ESO)
  • 2º CICLO ESO: Noelia Calvo Tizón (3º ESO) e Sara Ferreiro Varela (4º ESO)
  • 1º Ciclo EP: Marcos Pérez Cordero (2ºA) ,Nerea Salido Lorenzo (2ºA), Jairo García García, (2ºA) 
  • 2º/3º Ciclo EP: Marta Nogueras Anca (3ºA) e Lara Fonte Allegue (6ºA)
  • Infantil: Noelia Navas Udaondo e Ariadna Jerobs Santín
  • Premio de grupo: Infantil 4 anos B(Fernanda) (gañador), Clase de 1ºA (Mila) (finalistas),Clase de 1ºB (Meli) (finalistas),Clase de 2ºB (Lucía) (finalistas).

En hora boa a todos e todas!!!!

Aquí tedes un vídeo coas obras da exposición

domingo, 25 de mayo de 2014

CONCURSO COCA-COLA "RELATO CURTO"

Por cuarto ano consecutivo os nosos alumnos de 2º participaron neste concurso de relato curto. As participantes este ano foron Ana Martínez e Malloya ambas alumnas de 2ºESO A. Ana participou en castelán e galego, Malloya só o fixo en castelán. As dúas ían con moita ilusión e ás dúas queremos felicitar desde estas páxinas.
Ben sabedes que o traballo feito con gana adoita ter recompensa, Ana gaña por mérito propio achegando azos, ilusión e xenerosidade en todo o que emprende e Malloya engaiolou o xurado coa súa prosa imaxinativa e lixeira, e así resultou ser finalista e gañadora dun merecedor terceiro premio.
Posto que todo o que desde aquí se escriba non reflectirá o que a vosa compañeira transmitiu no seu relato achegámosvos o comezo e o código "qr" para que o gocedes coma nós.

Ademais achegamos en palabras da flamante gañadora, a experiencia que supuxo recoller o premio nun lugar emblemático, a terra dos grandes trovadores: Mendinho, Joham de Cangas e Martín Codax, case nada!! .


Cando estabamos Ana e mais eu naquela sala chea de xente non imaxinabamos que algunha de nós pasase á final ¡cando mo dixeron non o podía crer!
Eu pasara á final e a entrega de premios foi, nin mais nin menos, na illa do Pensamento, a illa de San Simón, un lugar cheo de historia literaria, testemuña de relatos de temerosos corsarios, tesouros ocultos e pasaxes de moitos viaxeiros vidos de terras afastadas. Alí mesmo foi onde o capitán Nemo atracou o Nautilus na súa fantástica historia Vinte mil leguas de viaxe baixo o mar (XulioVerne), cando sabes iso non podes remediar pensar no que se lle pasaría pola cabeza ao escritor ¿Sorprenderíanlle tanto os misterios e os viaxeiros anónimos pasados pola illa que sentiría identificado o capitán do seu submariño cun deles? ¿Ou quixera imaxinar o que lle aconteceu a algún dos viaxeiros que pasou por alí nun navío submariño descoñecido naquela época? Precisamente o misterio foi o tema na entrega dos premios, o misterio e o humor, unha importante inspectora chamada Holmes e un novato incompetente chamado Watson presentaron este acto nunha divertida entrega de premios cheo de misterio e risas. Alguén matara o can da illa e roubara o primeiro premio ¿Quen podería ser? algúns dos alí presentes foron escollidos como sospeitosos e cando Watson non aturou máis, recoñeceu que lle dera ao can un somnífero nunha salsicha e o roubara el, aínda que por adolescente non pasaba de todas as maneiras.
Ao remate obsequiáronnos cunha merenda nos edificios que foron lazareto e cárcere durante a guerra civil española, alí Luísa rematou con todos os mexillóns e miña irmá co resto da mesa.
A viaxe de volta foi movidiña, no interior do barco sentíanse máis as ondas e iso non é moi bo se te mareas neles...
       
Malloya, 2ºA ESO



RELATOS DO CONCURSO "RELATO CURTO" DO CONCELLO DE ARES REALIZADO POLAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos os relatos curtos dos alumnos/as do cole que presentaron obras ao II Concurso de Relato Curto Concello de Ares. Entre elas están a gañadora e as finalistas, así como outras que non recibiron premio pero que vos aconsello que leades.  Parabéns aos rapaces e rapazas que presentaron traballos e aos que non...esperemos que para o ano vos animedes.







viernes, 23 de mayo de 2014

ACTIVIDADES DO PROXECTO METEOESCOLAS

Como ben sabedes, este curso no noso cole seguimos a traballar co Proxecto Meteoescolas. E para que vexades o que se realizou este ano, aquí deixamos uns videos para que disfrutedes do traballo dos nenos e nenas. En hora boa a todos os  profes polo voso traballo e esforzo, a todos os alumnos/as de infantil, primaria e ESO e por suposto ao noso xenial coordinador Jorge. Con semellante plantel de artistas...asi da gusto traballar!!!

A continuación tedes os videos resumo do feito este curso. E non olvidedes que neste blog na parte de arriba tedes unha pestana có nome de Predición Meteorolóxica na que podedes premer e ver todas as predicións que fan os alumnos de secundaria para os fins de semana.

        

         

         

          

          

         

  

                             

GAÑADORES DA IV EDICIÓN DO PREGUNTÓN

Rematou a IV Edición de "O Preguntón". Desde  o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca que redos dar a en hora boa a todos os que participáchedes nesta edición e os noso parabéns aos gañadores e finalistas. O remate do curso faremos  o acto de entrega de premios e diplomas dos diferentes concursos que estamos a realizar no cole. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o ano mais!!!.
Aquí vos deixamos os nomes dos gañadores e finalistas deste ano.




jueves, 22 de mayo de 2014

SOLUCIÓNS ÚLTIMA SEMANA DO PREGUNTÓN

Premede nelas para velas en grande
 

martes, 20 de mayo de 2014

ENTREGA DOS PREMIOS DE RELATO CURTO "CONCELLO DE ARES"

O Concello entregou os premios do II Concurso de relatos curtos no que participaron rapaces e rapazas da ESO.

O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, fixo entrega na tarde do venres dos premios do II Concurso de relatos curtos “Concello de Ares”, nun acto celebrado na Alianza Aresana e no que estiveron presentes os rapaces e rapazas que presentaron as súas obras ao certame literario.
Tras a reunión do xurado integrado polo historiador local Javier Vilasánchez e as profesoras Ana Pillado e Yolanda Castro, foi Carlos Bello Pita coa obra “O que foi de Jimmy Sparks” quen resultou o vencedor do certamen e polo que recibiu un premio consistente nunha tablet. Os premios ao primeiro e segundo finalista recaeron en Ana Martínez Fernández  pola obra “As sombras dos templarios” e Raquel Pérez Rivera, autora da narración “A casa da familia March”. Neste caso as dúas finalistas foron premiadas con un MP4 cada unha.
Ademais, dado o nivel acadado nesta edición, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos traballos presentados por Marta Rumbo Hermida, autora da obra “Pero…quero ler”, Margarita Ferreiro Castillo con “A casiña de madeira no inverno” e Marta Pérez Rey pola obra co título de “Unha rumorosa na costa verdescente”.
Fernández Lago destacou o número de obras que concurriron a este concurso, unha trintena
e, o que é máis importante, o elevado nivel de case todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.
A iniciativa, que estaba dirixida a nenos e nenas matriculados en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, enmárcase dentro das actividades que a área de Cultura organiza para conmemorar o Día das Letras Galegas, motivo polo cal todas as obras presentadas ao concurso debían estar presentadas en galego.


En hora boa a todos os gañadores e parabéns a todos os participantes no certame. Para o ano mais!!!.

viernes, 16 de mayo de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Un ano máis, achégase o Día das Letras; e para conmemoralo, ademáis do traballo adicado a Xosé María Díaz Castro, desde o EDLG propuxemos para Infantil e Primaria unha exposición sobre o traxe tradicional galego. Xa está montada e agardamos a vosa visita. Poderedes ver os traxes de home e muller, de cotío e de gala. Aquí vos deixamos algunhas fotos para ir facendo boca.

Moitas grazas a todas e todos os que colaborastes prestando roupa, maniquíes, etc. Tamén queremos dar as grazas a Teresa, Elena , Emilio e José Ramón Camaño que viñeron desinteresadamente a tocar para nós na hora do recreo e acompañarnos así, nesta semana das Letras Galegas. Fixeronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.


                 


miércoles, 14 de mayo de 2014

CHEGOU A MAROLA A ARES: "PRÉSTANOS SES"

Pero quen é SES? Preguntan os rapaces da ESO. Escoitamos algunha canción, vemos algún vídeo, case aprendemos as estrofas suxerentes de “Milonga de aquí ” e de “Se cadra”. 
Si, … canta moi ben, ten boas letras, … si, pero temos que ir vela?
O excepticismo, mesmo a resistencia previa foi amolecendo ao pouco de iniciarse o concerto. A viveza dos ritmos variados; o lirismo poético; as letras provocadoras, directas e descaradas; os acoples das guitarras; ... foron atrapándonos, envolvéndonos como o arrolo das ondas que entraban polas ventás da cristaleira do Casino.
SES non é só música, é unha activista social, unha convencida defensora do papel feminino, unha rebelde contra todo tipo de submisión e estereotipos. Cóspelle aos clixes sociais. Chámalle ás cousas polo seu nome. Tanto nas cancións como nas presentacións, déixao claro.

O estilo inconfundible vai quedar gravado na memoria xuvenil. Cando entra a marola na baía deixa sinais, pegadas que nos prestan.



                                



                               
                





A BANDA DE MÚSICA DA ASOCIACIÓN XÁBREGA VISITA Ó NOSO CENTRO

A semana pasada tivemos o pracer de contar coa Asociación de Música Xábrega. En diferentes sesións os músicos de Xabrega, entre os que se encontran compañeiros e compañeiras do noso cole, tanto de primaria coma de secundaria, realizaron un obradoiro de música para os distintos ciclos de primaria. Nel amosaron os distintos instrumentos que tocan na banda e achegaron a música aos mais pequenos a través da interpretación de distintas pezas. A verdade é que son uns artistas.

Grazas Xábrega pola vosa colaboración!!!


lunes, 12 de mayo de 2014

SEMANA 7: ULTIMAS PREGUNTAS DO "PREGUNTÓN"

Ben, queridos e queridas Preguntóns, aquí vos deixamos as preguntas da última semana desta edición do Preguntón 2014. Xa sabedes...agudizade os miolos para dar coas respostas correctas.







SOLUCIÓNS PREGUNTÓN 6ª SEMANA

PREMEDE NELAS PARA VELAS EN GRANDE


sábado, 10 de mayo de 2014

jueves, 8 de mayo de 2014

PREGUNTÓN 6ª SEMANA

Queridos preguntóns, aquí van as preguntas desta  6ª semana. Premede nelas para velas en grande.
 E lembrade que xa estamos a piques de rematar esta edición do preguntón, só nos queda unha semana mais, asi que xa sabedes, metede o turbo!!!!!