domingo, 29 de diciembre de 2013

III CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE DO CPI CONDE DE FENOSA


Un ano máis e, vencendo as inclemencias do tempo, os rapaces e rapazas de secundaria do CPI Conde de Fenosa correron a III Carreira Quilómetros de Solidaridade baixo o lema: Xuntos por un obxectivo común, que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades. A recadación que ascendeu a 314,50 € foi a parar esta vez a un proxecto educativo en Etiopía. 

Grazas a todos os rapaces e rapazas pola súa entrega e solidariedade, ás familias, aos profesores, ás empresas e comercios do Concello (DIA, Froiz, Floristería Real, Ramil Ganma, Clinica Veterinaria San Antonio), ao Concello de Ares (policía local, protección civil), aos alumnos do PCPI por axudar na organización de toda a carreira e por suposto a nosa atleta Paula Mayobre que un ano máis nos acompañou no evento.




                            




martes, 17 de diciembre de 2013

ÉXITO DA OPERACION QUILO DE NADAL

Hoxe os máis de 500 quilos de alimentos que recollimos no noso cole, foron entregados as institucións "Cociña Económica de Ferrol" e "Cáritas de Ares". Grazas de novo ás familias, ao alumnado e ao profesorado pola vosa solidariedade e colaboración nesta campañada Operación Quilo de Nadal.


lunes, 16 de diciembre de 2013

RECURSOS PARA O NADAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co motivo da celebración do Nadal, pon á vosa disposición as seguintes iniciativas:  PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AOS RECURSOS
Recursos e materiais dos EDLG




Postais en galego



Cartas ás Súas Maxestades de Oriente




O libro dos Reis Magos




martes, 10 de diciembre de 2013

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL "B" CON MAHÁN NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe  celébrase o Día dos Dereitos Humanos e que mellor data para que os pequerrechos de infantil B coñezan a historia do noso amigo Mahán que, como todos sabedes, non ten dereito á unha educación coma nós.
Esperamos que lles gustara o conto, así como a pegatina e a cadeira vermella que levaron de recordo para as súas aulas e que lembra a todos eses nenos e nenas que aínda non teñen dereito á educación.





martes, 3 de diciembre de 2013

OPERACIÓN QUILO DE NADAL


AS AULAS DE INFANTIL "A ", COÑECEN A MAHÁN

Hoxe as aulas dos pequerrechos de Infantil A, viñeron a facernos unha visita para coñecer ao noso amigo Mahán. Esta vez os/as encargados/as de adentrarnos  na historia de Mahán foron as alumnas e alumnos de 2º da ESO. Dicir que Lara e Sara estaban un pouco nervosas pola grande responsabilidade que tiñan: nada máis e nada menos que contarlles a historia aos pequerrechos. Pero desde aquí quero darlles a en hora boa polo ben que o fixeron, ademais, con un público tan espontaneo e agradecido, é todo moi doado. 
Grazas as profes que nos visitaron e aos pequerrechos por portarse tan ben e ser tan receptivos e faladores. E desde aquí queremos mandarlle un saúdo ao peque Samuel que non poido estar con nós no contacontos, pero que o tivemos presente grazas ao insistente recordo da súa ausencia que tivo algun dos seus compañeiros. 
Samuel voltará ao cole despois de que se poña ben, xa que debe de estar un pouco "pachucho" , e iso é o que todos desexamos, pero Mahán recórdanos que hai moitos nenos e nenas no mundo que non teñen a posibilidade de ir ao colexio a aprender.  Así que desde aquí queremos reivindicar este dereito para todos os nenos e nenas do mundo.
Ao final todos levaron a pegatina que tan ben diseñou Paola Toribio de 2º da ESO e sacamos unha foto no mural que Ana Martínez creou para o evento.
Aquí tedes unhas fotos da xornada.



domingo, 1 de diciembre de 2013

O GALEGO DESDE O SILENCIO

Videoclip dirixido por Gonzalo Enríquez Veloso con imaxe de Santiago Teijelo, da canción escrita por Clara Pino e o alumnado de 2º da ESO A, B, C e 3º da ESO C do IES Xelmírez I, con música de Clara Pino e Pablo Vidal e traducida a lingua de signos por Tareixa Martínez.
Este videoclip pertence a un proxecto de innovación en dinamización lingüística do IES Xelmírez I de Santiago :"O Galego, desde o silencio", premiado no curso 2012-13 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.