jueves, 28 de noviembre de 2013

O CONTO DE MAHÁN VOA ÁS AULAS DE 2º DE PRIMARIA


Hoxe os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria xunto coas súas profes, Chicha e Lucía, visitaronnos no edificio de secundaria para coñecer ao noso amigo Mahán que, como xa sabedes, é o protagonista do conto “Mahán e a cadeira vermella”.  
Mahán, recórdanos e fainos reflexionar sobre a sorte que temos de poder vir á escola a aprender e que, non todos os nenos e nenas do mundo, teñen dereito á Educación Primaria Universal. Os peques de 2º estiveron moi atentos e moitos deles soltáronse a falar e a respostar as preguntas das rapazas de 3º ESO encargadas de contar o conto. Incluso fixemos unha rolda de "actuacións", dramatizando a actitude que temos na nosa escola, e a actitude que tería Mahán na súa escola, utilizando para isto unha cadeira vermella e unha cadeira verde. Aplaudimos, divertímonos, expresámonos e sensibilizámonos... sobre a grande importancia da educación. E xa como momento final, culminamos cun pequeno agasallo: unhas pegatinas que realizaron os maiores e unha pequena cadeira vermella que presidirá a aula dos máis peques para recordarnos, día tras día, o privilexio que temos de poder ir á escola, e reivindicando que este dereito o poidan ter, nun futuro, eses 61 millóns de nenos e nenas que aínda están na actualidade sen escolarizar en diferentes partes do mundo.

 A profe Chicha coa cadeira vermella que , de seguro, colocará nun lugar ben visible da aula.

                    

VISITAMOS A ONG CÁRITAS EN ARES


Neste primeiro trimestre estivemos a traballar o papel que desempeñan as ONG´s na sociedade  e no mundo. Para completar o noso traballo, hoxe  os alumnos e alumnas de 1º  ESO visitamos as instalacións de Cáritas sitas no baixo dá Biblioteca de Ares, lugar que cedeu amablemente o Concello para que esta institución poida atender as persoas que o necesitan.
Cando chegamos estábannos a esperar Concha e  Lorena  que son dúas das voluntarias que traballan desinteresadamente en Cáritas de Ares.
 
Amablemente explicáronos como funciona esta institución: como xurdíu Cáritas, canto tempo levaba en funcionamento, cantos alimentos recollían ao mes, o perfil dos usuarios e unha morea de preguntas máis que os rapaces e rapazas  lles fixeron. Tamén amosáronnos as instalacións: o ropeiro con toda a roupa doada pola xente, os conxeladores onde gardan alimentos perecedeiros, a sala onde están- en diversas estanterías- os alimentos recollidos. Explicáronnos que ademais dos alimentos que recollen na sé de Cáritas, tamén contan coa colaboración de diversos supermercados e establecementos de Ares onde a xente pode depositar a súa doazón. 
“Aínda que estamos en tempos de crise, e todos a notamos, a xente de Ares é moi solidaria”, suliñou Concha, quen nos puxo o exemplo de  xente que nun determinado momento tivo que acodir a Cáritas e  hoxe en día, esa mesma xente, que se encontra nunha mellor posición, achégase pola institución para deixar alimentos e aportar o que pode dentro dás súas posibilidades.
 A verdade é que os alumnos/as quedaron impresionados e mostraron moito interese. Na nosa visita tamén aportamos un pequeno graíño de area levando uns cantos alimentos e unhas caixas de leite.
Grazas a Concha e a Lorena por recibirnos sempre tan ben e dicir que, esta visita é previa á que faremos no nadal cando levemos a Cáritas e á Cociña Económica de Ferrol, os alimentos que recolleremos no noso centro dentro da “Operación Quilo” de Nadal. 



miércoles, 27 de noviembre de 2013

EL AGUA . MAPFRE FUNDACIÓN

 Hoxe visitáronos uns "científicos" enviados pola fundación MAPFRE para falarnos do ciclo da auga e da importancia do seu consumo responsable. Todos/as podemos contribuir a mellorar o seu consumo para un mellor uso. ANIMÁDEVOS!!!

martes, 26 de noviembre de 2013

ODAIKO+BANDA


 O pasado 15 de novembro os/as alumnos/as de primaria estivemos no "Ágora" para ver un concerto didáctico da banda municipal da Coruña e o grupo de percusión Odaiko. Gustounos moito tanto a nenos como a profes. desfrutamos e tamén todos colaboramos nalgúns momentos. Volveriamos a velo!!!

VIAXE A SANTIAGO DOS 6º DE E.P.

 O pasado 12 de novembro os/as Alumnos/as de 6º viaxamos a Santiago para visitar as instalacións de Meteogalicia, o Cesga e o Gaiás. Desfrutamos moito e aprendimos moitas cousas que aplicaremos no noso traballo do cole para Meteoescolas. No Gaiás vimos unha exposición do Orinoco que recomendamos a todos/as visitala.

magosto 2013

O 8 de novembro celebramos no cole o Magosto. Este ano foi diferente pois tivemos unha castañeira moi especial. Gustounos moito vela, aínda que tardamos moito en poder comer as castañas. Ata o próximo ano!!!


MAGOSTO - diapositivas

jueves, 21 de noviembre de 2013

"MAHÁN E A CADEIRA VERMELLA". UN CONTO POLO DEREITO Á EDUCACIÓN UNIVERSAL.

"A cadeira vermella" é a campaña que Entreculturas lanza para concienciar á poboación do dereito á educación de máis de 61 millóns de nenos en todo o mundo que están sen escolarizar. Un grupiño de alumos/as de 3º da ESO axudaron a presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. 

Un mural (feito por Ana Martínez de 2º ESO), unha frase ben sinxela: “Polo dereito á educación de todos os nenos e nenas do mundo” e unha simple cadeira vermella recórdanos a importancia da educación e de que ese dereito se faga realidade para os 61 millóns de nenos e nenas que, a día de hoxe, están sen escolarizar en diferentes lugares do mundo e non teñen a sorte e o privilexio de asistir a unha escola e aprender.


Hoxe para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia realizamos unha sesión de contacontos para o alumnado de 1º de Primaria. Os alumnos/as encargados de toda esta montaxe foron un grupiño de rapazas e rapaces de 3º da ESO do noso cole. 

O conto cuxo título é “Mahán e a cadeira vermella” está inspirado na campaña "A cadeira vermella”" lanzada pola ONG Entreculturas e foi creado polos nenos e nenas de 1º da Eso do CPI “Virxe da Cela” de Monfero. As nosas compañeiras de 3º Andrea, Begoña, Lucía e Ainhoa foron as encargadas de contar a historia de Mahán  aos nosos pequerrechos de 1º EP, así como facer unha pequena dinámica e un xogo para facelos recapacitar sobre á importancia da educación. 





As profes dos pequerrechos tamén demostraron as súas dotes interpretativas na dinámica que levamos a cabo.




Pero a sesión non rematou aquí. As nosas compañeiras Raquel e Eva crearon un conto titulado “A historia de Niara”. Esta historia ten a peculiaridade de que está sen rematar,  así que as profes levaron unha copia para que entre todos os nenos e nenas, escriban como lles gustaría que  rematase a historia de Niara. 


Por último, os pequerrechos levaron de agasallo unha pegatina feita por  Paola Toribio de 2º da ESO, que ilustra moi ben esta campaña, así como unha pequena cadeira vermella como símbolo dos 61 millóns de nenos e nenas que non poden ir á escola.


Parabéns a todos os alumnos/as que preparáchedes a sesión por demostrar esas capacidades creativas e deixar voar a vosa imaxinación, e aos pequerrechos de primaria por ser tan participativos e estar tan atentos.

Dicir que nas vindeiras semanas seguiremos coas sesións de contacontos  para que todos os cursos de infantil e primaria poidan gozar da historia de “Mahán e a cadeira vermella”.

Esta actividade está organizada polo EDLG a Biblioteca Escolar e o Departamento de Reli. O EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.

                        
                        Mahán e a cadeira vermella from Yolanda Castro López

martes, 5 de noviembre de 2013

MATERIAIS PARA TRABALLAR O IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á nosa  disposición  materiais relacionados co IV Día da Ciencia en Galego que, nesta ocasión, está dedicado a dúas temáticas: por unha banda, á arte e a ciencia e, pola outra, á estatística. Esta conmemoración servirá tamén para homenaxear e lembrar a tres figuras singulares: Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller. Se premedes na seguinte imaxe faredes o enlace directo á páxina oficial de Ciencia en Galego.


Dentro desta páxina encontraredes diversas experiencias de centros nos que se traballa a ciencia en galego. Entre elas podedes atopar un enlace no que aparece o noso centro cunha experiencia que o curso pasado fixeron os alumnos/as de 4º DC para os máis pequerrechos.


viernes, 1 de noviembre de 2013

É TEMPO DE SAMAIN!!!



Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón; chegan as choivas e as tardes son máis escuras, vaise a calor e ven o frío: é tempo de Samaín. E como en anos anteriores a maxia deste Samaín chegou ao noso cole da man dos nenos e nenas de Primaria e Infantil. Os corredores enchéronse de cabazas decoradas, de pantasmas, morcegos e bruxas, de debuxos e adornos TERRORÍFICOS!!!!.

E para que vexades, aquí tedes unha mostra do que os nosos pequenos/as fixeron para festexar o Samaín.