sábado, 22 de junio de 2013

EXPOSICIÓN “DE VERSO EN VERSO”

Se vos acordades, en maio realizamos entre todos os niveis educativos do noso centro, unha escolma de poemas de distintos autores galegos para conmemorar o Día das letras Galegas. Con eles decoramos as portas das nosas aulas, pero como queremos que todos poidan gozar desta estupenda mostra de traballos, decidimos sacar a exposición “De verso en verso” ao patio do noso cole.  Mirade que chula quedou.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos as grazas e a en hora boa a todos os alumnos/as e profes por tan estupendo traballo.

jueves, 20 de junio de 2013

sábado, 15 de junio de 2013

OS ALUMN@S DE 4ºDC ACHEGAN A CIENCIA E A TECNOLOXÍA AOS MÁIS PEQUENOS


Dirixidos polos profes Jorge (Física e química) e Daniel (tecnoloxía) os alumnos de 4º DC achegaron aos máis pequerrechos a maxia da ciencia. Os pequenos puideron coñecer de cerca como se analiza a auga da Xunqueira, como por arte de maxia cambia de cor...entre outros moitos experimentos. Tamén puideron manipular e xogar cos mecanismos que crearon en tecnoloxía os alumnos maiores  (coches, grúas, elevadores...). Os pequerrechos pasárono moi ben, e os maiores, no seu papel de “docentes” tamén. En hora boa a todos pola “clase maxistral” e aos peques por ser tan receptivos.

                            

HAI UN AMIGO EN TI

O alumnado de 2º xunto coas profes Meli e Lara representaron a obra de teatro "Hai un amigo en min!. A verdade é que quedamos todos encantados coa producción da mesma. Non só prepararon os decorados, a interpretación musical, o vestiario... senon que ¡escribiron a obra!. Impresionante a labor desta "gran compañía teatral". E o resultado fantástico. Gustou tanto que os pequenos quedaron con ganas de máis. En hora boa a tod@s!!.

                         

lunes, 10 de junio de 2013

POESÍA=COMIC?

A poesía dende sempre é un compoñente determinante do estudo da literatura. O seu peso inclina a balanza cando se revisa calquera época literaria. Ese feito exclusivo non a convirte en máis atractiva para o alumnado, pois case sempre a observa como indescifrable, hermética,..., incomprensible. A adaptación a un discurso moi cercano á xuventude, a banda deseñada, pretende rachar eses prexuízos tan instalados, á vez que se comprende mellor a linguaxe do cómic.
A tira de Quino, sobre o complicado que somos as persoas, que nin a nós mesmas nos entendemos, semellaba que debuxaba o dilema que presentaba Rosalía en Unha vez tiven un cravo. Logo, o alumnado de 3º da ESO tentou darlle corpo ao símbolo da brancura roubada do poema A xustiza pola man. Eis o resultado.
            

martes, 4 de junio de 2013

A ESCOLA DOS MEUS AVÓS

Baixo o lema "A historia dos meus avós" o alumnado de 4º da ESO realizou un traballo de investigación sobre o ensino de antano, buscando a reflexión sobre a evolución da escola a través  do tempo.  Este traballo culminou coa realización dunha entrevista a un veciño de Ares, Xesús Vilasánchez, que amablemente falounos  de como era a escola na súa nenez, dos profesores daquela época, de como se vivía, a que xogaban, da diferencia co ensino actual... Aqui vos deixamos a interesante entrevista que este grupo de rapaces e rapazas fixeron e editaron.  Grazas a Xesús pola súa disponibilidade e a aportación a este traballo.