domingo, 26 de mayo de 2013

SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO

A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs fan día a día. 

O noso cole leva mostrando o seu compromiso coa solidariedade en diferentes proxectos, e neste día, venres 24 de xuño, queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas. Deixamos a nosa testemuña a través dos retratos dos rapaces e rapazas e dos profes, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar volta ás cousas.


                          


sábado, 25 de mayo de 2013

PROGRAMA DE ASPANEPS "PONTE NO MEU LUGAR" PARA O ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

A Concellaría de Educación, que dirixe José Juan Vilar, e a entidade Aspaneps levaron ao CPI Conde de Fenosa o programa “Ponte no meu lugar”, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado de 6º de Primaria e o profesorado. Tanto na mañá do pasado xoves como na do venres, os responsables deste programa levaron a cabo diversas actividades cos nenos e nenas, que poideron constatar as dificultades coas que persoas invidentes, xordas ou con problemas de movilidade pódense atopar nas súas rutinas diarias nun centro escolar, neste caso o de Ares. O programa “Ponte no meu lugar” desenvólvese en dúas fases. A primeira, a do traballo cos Mestres e alumnado de 6º co apoio de carteis temáticos e unha película para comentar cómo se vive o feito de ser tratado de maneira diferente. A segunda fase é de vivir en primeira persoa esas dificultades, realizando un circuito cos rapaces e rapazas. Este circuito tiveron que facelo en cadeira de rodas, cunhas vendas nos ollos ou cuns cascos nos oídos. 

Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.

                          

sábado, 18 de mayo de 2013

INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA"

Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

viernes, 17 de mayo de 2013

GAÑADORAS CONCURSOS DE RELATO CURTO

Desde aquí queremos dar a en hora boa as alumnas Ana Martínez de 1º da ESO e Raquel Rivera de 2º da ESO por gañar sendos concursos de relato curto.

 Ana co relato titulado "A pedra de luar", quedou gañadora do "I CONCURSO DE RELATO CURTO" que o  Concello de Ares organizou co gallo do Día das Letras Galegas.



Raquel quedou gañadora provincial do "Concurso COCA-COLA de novos talentos Premio Relato Curto". 



Parabens as dúas polo traballo ben feito!!!

DE VERSO EN VERSO

Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas achéganos a Roberto Vidal Bolaño. No noso cole quixemos homenaxear a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados. 
 Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio. 
Aquí tedes o magnífico resultado!!! 


ENTREGA DE PREMIOS DA V EDICIÓN DO CONCURSO "O PREGUNTÓN” 2013


O xoves 16 de maio tivemos o acto de entrega dos premios do xa veterano concurso “O Preguntón”, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en colaboración coa Biblioteca Carabela.
Nun salón cheo de rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e da ESO, a nosa directora, a coordinadora do EDL e a coordinadora da Biblioteca entregaron os premios aos gañadores e finalistas así como un diploma a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta V edición do concurso. Desde aquí queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas participantes polo ben que o fixeron e xa sabedes... esperámosvos  na VI Edición do Preguntón.
Aquí tedes un pequeno vídeo do acto de entrega de premios.

                     

miércoles, 15 de mayo de 2013

O LAPIS DE ROSALÍA.

Os alumnos/as de 5º están preparando a lectura do libro de Antón Cortizas " O Lapis de Rosalía " para o alumnado de E.I., primeiro e segundo ciclo de E.P.. Empregarán esta fermosa adaptación feita pola profe Marina e con música do cuarteto de corda The Bass Gang, interpretando Swing K-1000 de Simón García. Estou segura de que vos vai gustar.


martes, 7 de mayo de 2013

ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADÍCASE A "ROBERTO VIDAL BOLAÑO"



O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia no que participou como actor, como director, como iluminador... 
É de  destacar desta inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron estreitamente ligado a ela.  

A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os seguintes materiais que atoparedes nos enlaces de abaixo. 
Cada unha destas exposicións fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida.



 

Tamén podedes coñecer máis sobre a vida e obra de Vidal Bolaño premendo na seguinte imaxe. Daravos acceso a un pasapalabra sobre o nosos homenaxeado.

lunes, 6 de mayo de 2013

PREGUNTAS ÚLTIMA SEMANA PREGUNTÓN

Ola, queridos e queridas preguntóns, xa vedes que pronto pasa o tempo e de pregunta en pregunta, chegamos a última quenda delas. Esmerádevos ben nas vosas respostas para acadar a máxima puntuación. Xa sabedes que tedes ata o luns 13 de maio para entregar as últimas respostas.
 O día 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas entregaremos os premios aos gañadores e diplomas a todos e todas os que participáchedes.Moita sorte e grazas pola vosa participación nesta edición.

 PREGUNTAS







SOLUCIÓNS PREGUNTAS 5ª SEMANA

sábado, 4 de mayo de 2013

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE ESO DO NOSO CENTRO PARTICIPARON NO II ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE GALICIA EN VILAGARCÍA

O pasado día 26 de Abril, o alumnado de Música de 3º e 4º de ESO participou no II Encontro que tivo lugar no Auditorio de Vilagarcía, encontro organizado polo profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato  de Galicia.
Asistiron alumnos de 15 institutos da comunidade galega, que actuaron representando temas de Luar na Lubre, Son de Seu, Milladoiro, Carlos Núñez. xa que a temática do encontro era relacionada coa música creada en Galicia, ..... e demostrando o aprendido neste curso.
Unha xornada moi divertida na que o noso alumnado ademáis de demostrar o seu saber instrumental, acompañaron a súa interpretación con fotografías de Ares, e tiveron a oportunidade de compartir experiencias con outros rapaces doutros centros enriquecendo así a súa cultura musical.
Os nosos parabéns, ao alumnado e á profesora Teresa Frieiro.
Déixovos unha breve mostra da experiencia:

jueves, 2 de mayo de 2013

¡¡¡ GAÑADORAS DO CONCURSO AUTONÓMICO DA ONCE!!!!



REITERAMOS OS NOSOS PARABÉNS AO GRUPO DE RAPAZAS DE 3º ESO, "AS CAMBIACONCIENCIAS" formado por Laura Pita, Sara Martínez e Judith Rouco de 3º ESOGAÑADORAS NA FASE AUTONÓMICA DO CONCURSO DA ONCE que pasan directamente á FASE NACIONAL representando a Galicia NA CATEGORÍA D.
Ánimo e seguir coa concienciación. Grazas polo voso traballo.
Aquí podedes ver de novo vídeo gañador: