martes, 30 de abril de 2013

PREGUNTAS 5ª SEMANA

Aquí tedes as preguntas desta 5ª semana. Ánimo que xa queda menos para o remate!!!







SOLUCIÓNS AO PREGUNTÓN DA 4ª SEMANA


lunes, 29 de abril de 2013

Semana do libro:

Esta semana para celebrar o día do libro, tivemos con nós a Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador do libro "Mil cousas poden pasar" lido polos alumnos do 3º ciclo de E.P.

martes, 23 de abril de 2013

PREGUNTÓN 4ª SEMANA

Aquí van as preguntas desta 4ª semana. Desta vez tedes unha pregunta xenius que vale 5 puntazos. Picade encima dela para vela en grande xa que a visualizaredes mellor.







SOLUCIÓNS AO PREGUNTÓN DA 3ª SEMANA


jueves, 18 de abril de 2013

VISITA DO ILUSTRADOR GRÁFICO ANTONIO SEIJAS AO NOSO COLE


 Hoxe tivemos  o pracer de contar no noso colexio coa presenza do ilustrador gráfico aresán Antonio Seijas. Toni que ven de gañar o premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012 pola adaptación da novela Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz, fixo un percorrido pola súa obra e falou aos rapaces e rapazas da ESO sobre como “dou a luz” á novela de Agustín Fernández Paz, sobre como puxo rostro aos personaxes, sobre a técnica utilizada na súa creación, a montaxe das viñetas, a relación entre a imaxe e o texto …, nunha incrible exposición didáctica.
Amosounos tamén parte da súa obra no campo da ilustración que vai desde traballos para revistas, xornais, webs, cubertas de libros así como ilustracións para literatura infantil e xuvenil en diferentes editoriais. O seu talento como ilustrador gráfico levoulle a converterse en deseñador de portadas musicais para grupos de éxito e recoñecemento internacional, como a prestixiosa banda de rock Marillion ou a  noruega Gazpacho das que nos amosou imaxes.
Pero de todo o que dixo quedámonos co consello que Antonio lles dou aos rapaces e rapazas e que reflicte toda a paixón e emoción que pon na súa arte dixital:
 “ Se alguén de vós quere facer algo relativo a isto que o faga poñéndolle toda a súa alma; a técnica non importa tanto como a idea que queres plasmar. Unha imaxe bonita ten que dicir algo máis que o que é, ten que transmitir emocións, así que, ao que fagades, tedes que poñerlle alma e facelo co corazón xa que ese é o xeito de que chegue ás persoas”. E iso mesmo é o que fai Antonio, repartir emocións a través da imaxe e facernos soñar máis aló do noso  maxín.
Grazas Antonio pola visita ao noso centro que é o teu, polas túas palabras e consellos, por engaiolarnos coa túa creación e por ser un orgullo para todos os aresáns.

                                Marisa, a profe de EPV, presentando a Antonio Seijas

Dous momentos da exposición de Antonio Seijas



Antonio con Vilariño, quen veu a exposición de Seijas e aproveitou para  que lle firmara un dos seus libros. Por certo, Vilariño foi profesor de debuxo de Antonio cando iste estudaba no cole de Ares.

                                                                  Firmando os libros

                                           Antonio Seijas fálanos da Banda deseñada 

                             

martes, 16 de abril de 2013

PREGUNTÓN 3ª SEMANA

Picade encima das preguntas para velas en grande
 

GAÑADORES DA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DA ONCE


Por segundo ano consecutivo un grupo de alumn@s do noso cole quedan gañadores provinciais do Concurso Escolar Once. Este ano baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construír o futuro"os nosos alumn@s imaxinaron como sería a sociedade do mañá en relación á dispacidade e á igualdade de oportunidades. O equipo gañador foi "As cambiaconciencias", formado por Judith Rouco, Laura Pita e Sara Martínez, alumnas de 3º da ESO. Tamén participaron no concurso o grupo "Aresáns solidarios" formado por Felipe Crespo, Antonio Lemos, Ainhoa Somorrostro e Lucía Buyo, que aínda que non gañaron, fixeron un estupendo traballo. En hora boa a todos e cada un deles.
Aqui vos deixamos o vídeo gañador.

                            

viernes, 12 de abril de 2013

martes, 9 de abril de 2013

PREGUNTÓN 2ª SEMANA

Aquí vos deixamos as preguntas desta 2ª semana de Preguntón. Ánimo que o estades facendo moi ben.




SOLUCIÓNS AO PREGUNTÓN DA 1ª SEMANA

Ola a todos e todas aquí tedes as solucións as cuestións da 1ª semana. A verdade é que a maioría de vós contestáchedes moi ben a todas. Podedes seguir as vosas puntuacións no tabolerio situado no corredor.


jueves, 4 de abril de 2013

IMAXINA CANTARES…


Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre sen perder a esencia que os consagrou como universais.
Así, os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras, realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo.  En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.

                       

OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS

O EDL organizou un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías.  Mediante o baile os alumnos tomaron consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e xogos. Desde aquí damos as grazas a Emilio pola colaboración desinteresada na  realización deste obradoiro.
Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi a actividade.
                           
         
   

lunes, 1 de abril de 2013

COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4 cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar antes do luns seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí deixámosvos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 2 de abril. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
                            
Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!! 

CUESTIÓNS DO MARTES 2 DE ABRIL

(Para ver  mellor as preguntas, premede enriba delas)