domingo, 29 de diciembre de 2013

III CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE DO CPI CONDE DE FENOSA


Un ano máis e, vencendo as inclemencias do tempo, os rapaces e rapazas de secundaria do CPI Conde de Fenosa correron a III Carreira Quilómetros de Solidaridade baixo o lema: Xuntos por un obxectivo común, que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades. A recadación que ascendeu a 314,50 € foi a parar esta vez a un proxecto educativo en Etiopía. 

Grazas a todos os rapaces e rapazas pola súa entrega e solidariedade, ás familias, aos profesores, ás empresas e comercios do Concello (DIA, Froiz, Floristería Real, Ramil Ganma, Clinica Veterinaria San Antonio), ao Concello de Ares (policía local, protección civil), aos alumnos do PCPI por axudar na organización de toda a carreira e por suposto a nosa atleta Paula Mayobre que un ano máis nos acompañou no evento.




                            




martes, 17 de diciembre de 2013

ÉXITO DA OPERACION QUILO DE NADAL

Hoxe os máis de 500 quilos de alimentos que recollimos no noso cole, foron entregados as institucións "Cociña Económica de Ferrol" e "Cáritas de Ares". Grazas de novo ás familias, ao alumnado e ao profesorado pola vosa solidariedade e colaboración nesta campañada Operación Quilo de Nadal.


lunes, 16 de diciembre de 2013

RECURSOS PARA O NADAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co motivo da celebración do Nadal, pon á vosa disposición as seguintes iniciativas:  PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AOS RECURSOS
Recursos e materiais dos EDLG




Postais en galego



Cartas ás Súas Maxestades de Oriente




O libro dos Reis Magos




martes, 10 de diciembre de 2013

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL "B" CON MAHÁN NO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe  celébrase o Día dos Dereitos Humanos e que mellor data para que os pequerrechos de infantil B coñezan a historia do noso amigo Mahán que, como todos sabedes, non ten dereito á unha educación coma nós.
Esperamos que lles gustara o conto, así como a pegatina e a cadeira vermella que levaron de recordo para as súas aulas e que lembra a todos eses nenos e nenas que aínda non teñen dereito á educación.





martes, 3 de diciembre de 2013

OPERACIÓN QUILO DE NADAL


AS AULAS DE INFANTIL "A ", COÑECEN A MAHÁN

Hoxe as aulas dos pequerrechos de Infantil A, viñeron a facernos unha visita para coñecer ao noso amigo Mahán. Esta vez os/as encargados/as de adentrarnos  na historia de Mahán foron as alumnas e alumnos de 2º da ESO. Dicir que Lara e Sara estaban un pouco nervosas pola grande responsabilidade que tiñan: nada máis e nada menos que contarlles a historia aos pequerrechos. Pero desde aquí quero darlles a en hora boa polo ben que o fixeron, ademais, con un público tan espontaneo e agradecido, é todo moi doado. 
Grazas as profes que nos visitaron e aos pequerrechos por portarse tan ben e ser tan receptivos e faladores. E desde aquí queremos mandarlle un saúdo ao peque Samuel que non poido estar con nós no contacontos, pero que o tivemos presente grazas ao insistente recordo da súa ausencia que tivo algun dos seus compañeiros. 
Samuel voltará ao cole despois de que se poña ben, xa que debe de estar un pouco "pachucho" , e iso é o que todos desexamos, pero Mahán recórdanos que hai moitos nenos e nenas no mundo que non teñen a posibilidade de ir ao colexio a aprender.  Así que desde aquí queremos reivindicar este dereito para todos os nenos e nenas do mundo.
Ao final todos levaron a pegatina que tan ben diseñou Paola Toribio de 2º da ESO e sacamos unha foto no mural que Ana Martínez creou para o evento.
Aquí tedes unhas fotos da xornada.



domingo, 1 de diciembre de 2013

O GALEGO DESDE O SILENCIO

Videoclip dirixido por Gonzalo Enríquez Veloso con imaxe de Santiago Teijelo, da canción escrita por Clara Pino e o alumnado de 2º da ESO A, B, C e 3º da ESO C do IES Xelmírez I, con música de Clara Pino e Pablo Vidal e traducida a lingua de signos por Tareixa Martínez.
Este videoclip pertence a un proxecto de innovación en dinamización lingüística do IES Xelmírez I de Santiago :"O Galego, desde o silencio", premiado no curso 2012-13 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

jueves, 28 de noviembre de 2013

O CONTO DE MAHÁN VOA ÁS AULAS DE 2º DE PRIMARIA


Hoxe os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria xunto coas súas profes, Chicha e Lucía, visitaronnos no edificio de secundaria para coñecer ao noso amigo Mahán que, como xa sabedes, é o protagonista do conto “Mahán e a cadeira vermella”.  
Mahán, recórdanos e fainos reflexionar sobre a sorte que temos de poder vir á escola a aprender e que, non todos os nenos e nenas do mundo, teñen dereito á Educación Primaria Universal. Os peques de 2º estiveron moi atentos e moitos deles soltáronse a falar e a respostar as preguntas das rapazas de 3º ESO encargadas de contar o conto. Incluso fixemos unha rolda de "actuacións", dramatizando a actitude que temos na nosa escola, e a actitude que tería Mahán na súa escola, utilizando para isto unha cadeira vermella e unha cadeira verde. Aplaudimos, divertímonos, expresámonos e sensibilizámonos... sobre a grande importancia da educación. E xa como momento final, culminamos cun pequeno agasallo: unhas pegatinas que realizaron os maiores e unha pequena cadeira vermella que presidirá a aula dos máis peques para recordarnos, día tras día, o privilexio que temos de poder ir á escola, e reivindicando que este dereito o poidan ter, nun futuro, eses 61 millóns de nenos e nenas que aínda están na actualidade sen escolarizar en diferentes partes do mundo.

 A profe Chicha coa cadeira vermella que , de seguro, colocará nun lugar ben visible da aula.

                    

VISITAMOS A ONG CÁRITAS EN ARES


Neste primeiro trimestre estivemos a traballar o papel que desempeñan as ONG´s na sociedade  e no mundo. Para completar o noso traballo, hoxe  os alumnos e alumnas de 1º  ESO visitamos as instalacións de Cáritas sitas no baixo dá Biblioteca de Ares, lugar que cedeu amablemente o Concello para que esta institución poida atender as persoas que o necesitan.
Cando chegamos estábannos a esperar Concha e  Lorena  que son dúas das voluntarias que traballan desinteresadamente en Cáritas de Ares.
 
Amablemente explicáronos como funciona esta institución: como xurdíu Cáritas, canto tempo levaba en funcionamento, cantos alimentos recollían ao mes, o perfil dos usuarios e unha morea de preguntas máis que os rapaces e rapazas  lles fixeron. Tamén amosáronnos as instalacións: o ropeiro con toda a roupa doada pola xente, os conxeladores onde gardan alimentos perecedeiros, a sala onde están- en diversas estanterías- os alimentos recollidos. Explicáronnos que ademais dos alimentos que recollen na sé de Cáritas, tamén contan coa colaboración de diversos supermercados e establecementos de Ares onde a xente pode depositar a súa doazón. 
“Aínda que estamos en tempos de crise, e todos a notamos, a xente de Ares é moi solidaria”, suliñou Concha, quen nos puxo o exemplo de  xente que nun determinado momento tivo que acodir a Cáritas e  hoxe en día, esa mesma xente, que se encontra nunha mellor posición, achégase pola institución para deixar alimentos e aportar o que pode dentro dás súas posibilidades.
 A verdade é que os alumnos/as quedaron impresionados e mostraron moito interese. Na nosa visita tamén aportamos un pequeno graíño de area levando uns cantos alimentos e unhas caixas de leite.
Grazas a Concha e a Lorena por recibirnos sempre tan ben e dicir que, esta visita é previa á que faremos no nadal cando levemos a Cáritas e á Cociña Económica de Ferrol, os alimentos que recolleremos no noso centro dentro da “Operación Quilo” de Nadal. 



miércoles, 27 de noviembre de 2013

EL AGUA . MAPFRE FUNDACIÓN

 Hoxe visitáronos uns "científicos" enviados pola fundación MAPFRE para falarnos do ciclo da auga e da importancia do seu consumo responsable. Todos/as podemos contribuir a mellorar o seu consumo para un mellor uso. ANIMÁDEVOS!!!

martes, 26 de noviembre de 2013

ODAIKO+BANDA


 O pasado 15 de novembro os/as alumnos/as de primaria estivemos no "Ágora" para ver un concerto didáctico da banda municipal da Coruña e o grupo de percusión Odaiko. Gustounos moito tanto a nenos como a profes. desfrutamos e tamén todos colaboramos nalgúns momentos. Volveriamos a velo!!!

VIAXE A SANTIAGO DOS 6º DE E.P.

 O pasado 12 de novembro os/as Alumnos/as de 6º viaxamos a Santiago para visitar as instalacións de Meteogalicia, o Cesga e o Gaiás. Desfrutamos moito e aprendimos moitas cousas que aplicaremos no noso traballo do cole para Meteoescolas. No Gaiás vimos unha exposición do Orinoco que recomendamos a todos/as visitala.

magosto 2013

O 8 de novembro celebramos no cole o Magosto. Este ano foi diferente pois tivemos unha castañeira moi especial. Gustounos moito vela, aínda que tardamos moito en poder comer as castañas. Ata o próximo ano!!!


MAGOSTO - diapositivas

jueves, 21 de noviembre de 2013

"MAHÁN E A CADEIRA VERMELLA". UN CONTO POLO DEREITO Á EDUCACIÓN UNIVERSAL.

"A cadeira vermella" é a campaña que Entreculturas lanza para concienciar á poboación do dereito á educación de máis de 61 millóns de nenos en todo o mundo que están sen escolarizar. Un grupiño de alumos/as de 3º da ESO axudaron a presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. 

Un mural (feito por Ana Martínez de 2º ESO), unha frase ben sinxela: “Polo dereito á educación de todos os nenos e nenas do mundo” e unha simple cadeira vermella recórdanos a importancia da educación e de que ese dereito se faga realidade para os 61 millóns de nenos e nenas que, a día de hoxe, están sen escolarizar en diferentes lugares do mundo e non teñen a sorte e o privilexio de asistir a unha escola e aprender.


Hoxe para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia realizamos unha sesión de contacontos para o alumnado de 1º de Primaria. Os alumnos/as encargados de toda esta montaxe foron un grupiño de rapazas e rapaces de 3º da ESO do noso cole. 

O conto cuxo título é “Mahán e a cadeira vermella” está inspirado na campaña "A cadeira vermella”" lanzada pola ONG Entreculturas e foi creado polos nenos e nenas de 1º da Eso do CPI “Virxe da Cela” de Monfero. As nosas compañeiras de 3º Andrea, Begoña, Lucía e Ainhoa foron as encargadas de contar a historia de Mahán  aos nosos pequerrechos de 1º EP, así como facer unha pequena dinámica e un xogo para facelos recapacitar sobre á importancia da educación. 





As profes dos pequerrechos tamén demostraron as súas dotes interpretativas na dinámica que levamos a cabo.




Pero a sesión non rematou aquí. As nosas compañeiras Raquel e Eva crearon un conto titulado “A historia de Niara”. Esta historia ten a peculiaridade de que está sen rematar,  así que as profes levaron unha copia para que entre todos os nenos e nenas, escriban como lles gustaría que  rematase a historia de Niara. 


Por último, os pequerrechos levaron de agasallo unha pegatina feita por  Paola Toribio de 2º da ESO, que ilustra moi ben esta campaña, así como unha pequena cadeira vermella como símbolo dos 61 millóns de nenos e nenas que non poden ir á escola.


Parabéns a todos os alumnos/as que preparáchedes a sesión por demostrar esas capacidades creativas e deixar voar a vosa imaxinación, e aos pequerrechos de primaria por ser tan participativos e estar tan atentos.

Dicir que nas vindeiras semanas seguiremos coas sesións de contacontos  para que todos os cursos de infantil e primaria poidan gozar da historia de “Mahán e a cadeira vermella”.

Esta actividade está organizada polo EDLG a Biblioteca Escolar e o Departamento de Reli. O EDLG quere a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecernos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.

                        
                        Mahán e a cadeira vermella from Yolanda Castro López

martes, 5 de noviembre de 2013

MATERIAIS PARA TRABALLAR O IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á nosa  disposición  materiais relacionados co IV Día da Ciencia en Galego que, nesta ocasión, está dedicado a dúas temáticas: por unha banda, á arte e a ciencia e, pola outra, á estatística. Esta conmemoración servirá tamén para homenaxear e lembrar a tres figuras singulares: Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller. Se premedes na seguinte imaxe faredes o enlace directo á páxina oficial de Ciencia en Galego.


Dentro desta páxina encontraredes diversas experiencias de centros nos que se traballa a ciencia en galego. Entre elas podedes atopar un enlace no que aparece o noso centro cunha experiencia que o curso pasado fixeron os alumnos/as de 4º DC para os máis pequerrechos.


viernes, 1 de noviembre de 2013

É TEMPO DE SAMAIN!!!



Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón; chegan as choivas e as tardes son máis escuras, vaise a calor e ven o frío: é tempo de Samaín. E como en anos anteriores a maxia deste Samaín chegou ao noso cole da man dos nenos e nenas de Primaria e Infantil. Os corredores enchéronse de cabazas decoradas, de pantasmas, morcegos e bruxas, de debuxos e adornos TERRORÍFICOS!!!!.

E para que vexades, aquí tedes unha mostra do que os nosos pequenos/as fixeron para festexar o Samaín.

           



miércoles, 2 de octubre de 2013

ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS AO NOSO COLE

Os alumnos/as do noso colexio recibiron esta mañá o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.
Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado, encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos, para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esta mañá no
Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 120 alumnos de educación infantil, 250 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.

Desde aquí queremos dar a en hora boa ao profe de física Jorge Gutiérrez por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.
                                                 Felicidades por ese traballo ben feito!!!


                              


                               

martes, 10 de septiembre de 2013


Comeza o novo Curso Escolar 2013-2014. Desde "Tesmoitalingua" dámosvos a benvida a todos e todas. Seguramente moitos viredes con novas ideas e propósitos para esta nova andaina. Tamén con novas forzas despois do verán. Esperamos que o comezo sexa bo para tod@s e que todas esas novas ideas e propósitos teñan cabida ao longo do curso. Por iso, a todos, pais e nais, profesores e profesoras e, en especial, a todo o noso alumnado, FELIZ CURSO!!!.

lunes, 1 de julio de 2013

DESPEDIMOS AO ALUMNADO DE 4º ESO

O xoves 20 de xuño despedimos, nun pequeno acto, ao alumnado de 4º da ESO  e, que mellor que este último día de clase para recoñecer o traballo de alumnos/as e profesores/as que traballaron activamente  durante todo o curso.
Despois de ver un pequeno vídeo no que lembramos o paso dos nosos alumnos/as polo centro, a nosa directora Blanca e os titores de 4º, Esperanza, Georgina e Jorge, entregaron as orlas aos alumn@s desexándolles o mellor e moita sorte na súa nova andaina.
Felicidades de corazón, e esperamos que veñades a facernos unha visitiña de cando en vez.

 Parabéns a tod@s e felices vacacións!!!





2ª SESIÓN DO OBRADOIRO DE CANTOS DE CEGO

Onte tivemos a segunda sesión do obradoiro de "Cantos de cego" impartido por Emilio Mesías. Nel os alumnos/as  de 4º ESO amosaron os cartaces que crearon despois das explicacións do 1º obradoiro.  Tamén interpretouse o canto de cego "O roubo da calle Real" no que se ilustra un roubo que tivo lugar fai moitos anos nun comercio da rúa Real de Ares. As ilustracións para recrear este canto foron realizadas magnificamente por Marisa Areal, profesora de Educación plástica e visual do noso cole.






sábado, 22 de junio de 2013

EXPOSICIÓN “DE VERSO EN VERSO”

Se vos acordades, en maio realizamos entre todos os niveis educativos do noso centro, unha escolma de poemas de distintos autores galegos para conmemorar o Día das letras Galegas. Con eles decoramos as portas das nosas aulas, pero como queremos que todos poidan gozar desta estupenda mostra de traballos, decidimos sacar a exposición “De verso en verso” ao patio do noso cole.  Mirade que chula quedou.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos as grazas e a en hora boa a todos os alumnos/as e profes por tan estupendo traballo.

jueves, 20 de junio de 2013

sábado, 15 de junio de 2013

OS ALUMN@S DE 4ºDC ACHEGAN A CIENCIA E A TECNOLOXÍA AOS MÁIS PEQUENOS


Dirixidos polos profes Jorge (Física e química) e Daniel (tecnoloxía) os alumnos de 4º DC achegaron aos máis pequerrechos a maxia da ciencia. Os pequenos puideron coñecer de cerca como se analiza a auga da Xunqueira, como por arte de maxia cambia de cor...entre outros moitos experimentos. Tamén puideron manipular e xogar cos mecanismos que crearon en tecnoloxía os alumnos maiores  (coches, grúas, elevadores...). Os pequerrechos pasárono moi ben, e os maiores, no seu papel de “docentes” tamén. En hora boa a todos pola “clase maxistral” e aos peques por ser tan receptivos.