miércoles, 4 de julio de 2012

FIN DE CURSO!!!

Nunha emotiva xornada de despedidas, o venres 22 de xuño finalizamos o curso no pavillón primaria e secundaria xuntos. E qué mellor que este último día de clase para recoñecer o traballo de alumnos/as e profesores/as que traballaron activamente  durante todo o curso.Nesta celebración de despedida houbo cabida para recoñecer e premiar con un diploma- son tempos de crise, e aínda que non teñamos cartos para mercar regalos que ben merecerían todos aqueles que puxeron o seu grao de area, si houbo un diploma de acreditación- a todo o alumnado que acadou premios tanto académicos como deportivos.
Tamén despedimos ao alumnado de 4º ESO e 4º Diver que deixan o noso centro. Desde aqui desexámoslle moita sorte na súa nova andaina.
O acto estivo amenizado polas coreografías que o alumnado de secundaria representou e pola exhibición das campionas galegas de ximnasia rítmica do noso cole.

                                       Parabéns a tod@s e felices vacacións!!!







martes, 3 de julio de 2012

ATA SEMPRE...VILARIÑO

Este  é o derradeiro curso no que contaremos coa presenza como profesor de Vilariño.  Despois de 25 anos no noso centro, vai a pasar a mellor vida, e decir,xubílase, comezando asi unha etapa de merecido descanso, que non de inactividade. Por iso os seus alumnos quixeron darlle unha sorpresa e preparáronlle unha festa de despedida. Fixeronlle unha serie de agasallos moi fermosos e lle gravaron un pequeno vídeo de homenaxe  como recordo. A verdade é que foi un acto moi emotivo. Desde aqui queremos desexarlle ao noso profe e compañeiro Vilariño toda a sorte do mundo e invitalo a que nos veña a visitar de vez en cando.

Aqui vos deixamos unha foto da festa sorpresa e o video dos rapaces/as.



CHARLA DO BIÓLOGO JAVIER CRISTOBO NO NOSO COLE

O noso amigo aresán Javier Cristobo que , como todos sabemos, colaborou este curso con nós realizando unha serie de actividades entre as que destacou unha videoconferencia en rigoroso directo coa Antártida, veu a visitarnos ao cole o último día de clase e regalounos unha magnífica charla sobre o seu paso pola Antártida, o seu traballo, ensionounos vídeos e fotografías da flora e fauna, puidemos facerlle preguntas... A verdade é que non podemos máis que agradecer a Javier, que veu desde Gijón onde traballa como director do Instituto Oceanográfico, a súa dispoñibilidade e xenerosidade para con todos nós, darlle as grazas por todo e invitalo a que volva outra vez  e siga colaborando con nós. Grazas Javier.

Na revista escolar "ALBARES", podedes ler un artigo sobre el.