sábado, 23 de junio de 2012

REVISTA ESCOLAR "ALBARES"

Este curso o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro deu a luz o primeiro número da Revista Escolar "Albares".  Aquí tedes a edición dixital da mesma. Non deixedes de votarlle unha ollada. 
Premede enriba dela para vela en grande


FALLADOS OS PREMIOS DO III CERTAME DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLA ANPA E O CPI CONDE DE FENOSA

O xurado do certame de fotografía elixíu a fotografía gañadora desta III Edición do concurso que foi a realizada pola alumna de 3º ESO Silvia García. A verdade é que os membros do xurado tivérono moi difícil debido á calidade dos traballos presentados. 
Desde aquí queremos dar a en hora boa á gañadora e a todas e todos os participantes. Se queredes votarlle unha ollada ás fotografías presentadas ao certame premede no seguinte enlace:III CERTAME DE FOTOGRAFÍA


Fotografía gañadora







CAMPIONAS GALEGAS DE XIMNASIA RÍTMICA

A Comunidade Educativa do CPI Conde de Fenosa quere dar  os PARABÉNS as nosas alumnas : Marta Cepero Mosquera, Icíar Bermúdez Fornos, Andrea Riveiro Romero e Carla López Rodríguez de 4º E.P. polo grande éxito acadado no Campionato Galego de Ximansia Rítmica na categoría Alevín celebrado en Ourense .


PREMIOS CANGURO MATEMÁTICO

Os gañadores da edición do "Canguro Matemático 2012", a nivel do noso centro, CPI Conde de Fenosa" foron:
  • Bran Rodríguez Sampedro (3º ESO B)

  • Julián Sixto Sánchez (3º ESO B)
O concurso tivo lugar o día 15 de marzo e consistíu na realización dunha proba tipo test de 30 cuestións matemáticas por niveis.
Participaron 46 alumnos/as de todo o centro, dos que obtiveron a máxima puntuación Bran e Julián, que foron obsequiados cun lote de libros cada un.

 Noraboa aos gañadores e tamén a todos os participantes, e que sigades tendo tanta interese e curiosidade polas matemáticas!.


Bran e Julián xunto á profe de matemáticas María

PREMIO "CONCURSO DE ELABORACIÓN DO XORNAL DE GALICIA"

Os alumnnos/as de 3º ESO A: Laura Ordóñez García, Roberto Rivas Couce e Miguel Rodríguez Castro gañaron o concurso da Fundación Barrié que consistíu en reproducir e crear unha serie de artigos periodísticos de "O Xornal Galicia". Como tod@s sabedes xa,  Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, foi director do mesmo desde ano 1922 ata o 1926.
Roberto Rivas Couce foi premiado por unha crónica periodística e Laura Ordóñez García e Miguel Rodríguez Castro por unha editorial do xornal. 
De parte da Comunidade Educativa, os nosos parabéns a todos eles.

 Os nos@s premiados xunto con Xoan, o seu profesor de galego.

jueves, 7 de junio de 2012

Gañadores do “II Concurso Emprendeares” convocado polo Concello

        Os estudantes da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 4º da E.S.O. recibiron o 1º premio do II Concurso EmprendeAres 2012, co traballo “Divergarden Soc. Coop. Galega”. O concurso, que promove o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras no ámbito da empresa, xurdiu coa finalidade de estimular o coñecemento de novas posibilidades laborais entre a mocidade.En hora boa a todos e todas polo premio e polo voso traballo.


XX RALLYE MATEMÁTICO OU ... CATRO DÍAS EN TOULOUSSE


Como resumir en poucas liñas catro días e tres horas?, 104 horas, 6120 segundos ... outra vez as matemáticas. Tanto condensado en tan pouco tempo.
Coñecémonos mellor. Soportámonos nos nosos cansanzos e axudámonos cando foi necesario, pero sobre todo, rimos… rimos moito.
A Cité de l’espace abriunos os ollos aos misterios do universo. Gozamos da maxia medieval de Carcassonne e, por suposto, da fermosa cidade de Toulouse, a ville rose.
O día do Rallye Matemático os rapaces estaban tranquilos, non así as profes. A xornada resultou ser unha festa con música e bailes. Todo un tanto caótico pero cheo de boas vibracións. Coñecemos xentes de outros lugares.
Fixeron moi ben a proba, nosoutras espiabamos desde o alto e sorprendeunos a organización que tiñan, o rápido que resolvían os problemas e sobre todo a camaradería que transmitían nese intre. Case gañan, faltoulles pouco, pero en ningún momento afundíronse. Seguían contentos e gozando da situación.
Ante as escasas contrariedades comportáronse con tranquilidade, aflorando esa madurez que normalmente non amosan.
Fátima B., Jorge, Marcelo, Vero, Fátima D., Tomás, Kike, Ángel, Bran, Andrés, Julián, Agustín, Brais, grazas por ensinarnos unha parte de vos que descoñecíamos. Medrastes ante os nosos ollos. Ningún de nós esqueceremos esta viaxe.

As vosas profes e compañeiras de periplo, Belén e Marisa










Primeiro Encontro de Alumnos de Música de Secundaria


O 24 de maio, os alumnos de 3º da ESO A e algúns de 4º, participaron no Primeiro Encontro de Alumnos de Música de Secundaria que se celebrou durante a mañá no auditorio de Narón.
Participaron un total de 12 centros de diferentes lugares de Galicia. Cada un tiña que interpretar dous temas relacionados coa música no cine. Os temas interpretados polos alumn@s do noso centro foron: “He´s a pirate", un dos temas principais dá película Piratas do Caribe (3º ESO) e o tema “Marcha do Coronel Boggey” da banda sonora dá película Ponte sobre o Río Kwai (4º ESO).
Parabens a todos os rapaces que participaron nesta experiencia de compartir os traballos realizados polos diferentes centros. Tocaron diante de preto de 400 persoas simplemente cos nosos instrumentos de aula e nun auditorio que é realmente grande. E... fixérono moi ben!

Alumnado participante no concerto


 Dous momentos da interpretación dos nosos alumn@s


miércoles, 6 de junio de 2012

III CERTAME DE FOTOGRAFÍA. ORGANIZADO POLA ANPA E O CPI "CONDE DE FENOSA"·

A ANPA e o CPI Conde de Fenosa convocan o III Certame de Fotografía dirixido a todos os alumnos matriculados na ESO. A temática deste ano é Retratos de oficios de Ares.
    O obxectivo é plasmar as xentes e os seus traballos en Ares. A vosa mirada pode ser crítica, lúdica,irónica ou psicolóxica. Nesta ocasión fixámonos en lugares habitados, que os protagonistas nos mostren o seu entorno de traballo. Orgullosos ou cansos, desenvolvendo o seu traballo ou en repouso.

BASES
  •     Admitiranse  de unha a tres fotografías por participante, en cor ou branco e negro. O retoque dixital está permitido, sempre e cando non altere a esencia da imaxe por medio da súa manipulación.
  •     As fotografías serán orixinais dos alumnos, inéditas e libres de dereitos, é dicir, non publicadas nin presentadas noutro concurso anteriormente. 
  •    Non se aceptarán fotografías que atenten contra a dignidade das persoas nin as manifestamente desagradables nin ofensivas. As fotografías terán soporte dixital e poden ser feitas cunha cámara de fotos dixital ou un móbil. 
  •    Enviaranse por correo electrónico a: retratodeoficiosdeares@gmail.com cun título e o lugar onde se realizou a foto xunto cos datos do participante: nome, apelidos e curso. 
  •   O prazo de recepción finaliza o martes 8 de xuño.
  • O xurado estará composto por membros da comunidade educativa, (pais e nais, ANPA, profesores, profesionais da fotografía e antigos alumnos do centro). 
  •  Haberá un primeiro premio. Co resto das fotografías seleccionadas, o ANPA organizará unha exposición itinerante. 
  •  As fotografías serán cedidas á asociación organizadora.
  •  A participación no concurso implica a aceptación das bases.