jueves, 24 de mayo de 2012

CHARLA SOBRE OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS


A Semana pasada coincidindo cos actos do Día das Letras Galegas, O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Música, organizaron unha interesante charla sobre os instrumentos tradicionais galegos. A charla foi impartida por José Mª Álvarez Marías, multiinstrumentista (gaiteiro, zanfonista, frautista, guitarrista, etc.), foi fundador da “Escola de Gaitas de Ortigueira” e do “Festival Internacional do Mundo Celta”; así mesmo, foi membro da comisión xestora da “Asociación de Gaiteiros Galegos”. Profesor de gaita, formou parte de varios cuartetos de gaitas e grupos de música folk.
Ademais de aprender moitas cousas que non sabíamos sobre os instrumentos galegos, tamén puidemos ver unha pequena exposición na que había gaitas, zanfonas,pandeiretas, charrascos, pitos,tarrañolas...  Marías tamén nos deleitou con algunha peza á gaita e coa zanfona. 
Aquí vos deixamos un pequeno video .



sábado, 19 de mayo de 2012

ARES SOLIDARIO COS ALUMN@S QUE VIAXAN A TOULOUSSE

A agrupación Ares Solidario realizou o 17 de maio, Día das Letras Galegas, un evento para axudar a recadar fondos para a viaxe que os alumn@s de 3º realizarán a Toulousse. Como sabedes estes alumn@s do noso cole competirán o 1 de xuño, no "XX Rallye Matemático sen fronteiras". Ares Solidario xunto con nais dos alumn@s que viaxarán a Toulousse puxéronse máns a obra e fixeron unha morea de dulces, tartas e postres que venderon a un módico precio de 1 euro. Ademais poideronse regar con chupitos de " Meigas Fora", por suposto para os máis maiores e de fanta e refrescos para os pequenos. A iniciativa foi todo un éxito xa que se recadaron 796,14 euros que Ares Solidario donará á causa. Gracias a toda a xente que participou no evento: Ares Solidario, Meigas Fora e os pais e nais dos nen@s.

E SEGUIMOS COAS LETRAS GALEGAS


Os alumnos e alumnas do 1º ciclo de primaria fixeron un espectacular mural para homenaxear a figura de Valentín Paz Andrade na semana das Letras Galegas. Como xa todos sabemos, Paz Andrade estaba moi vencellado ao mar e tiña unha forte relación con el e esto é o que os rapaces e rapazas reflectiron no seu mural. Parabéns para eles e as súas profes e aqui tedes unha mostra.




lunes, 14 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Co gallo do día das Letras Galegas un grupo de alumnas de 6º de primaria realizaron un video para darnos a coñecer a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade.