lunes, 30 de enero de 2012

COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"

Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos aquí de novo co noso concurso estrela. Sei que este ano estades mais que preparados e motivados para contestar a todas as cuestións que vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes e venres colgaremos dúas cuestións que poden ser preguntas, unha adiviña, un xogo...para resolver e entregar o luns seguinte aos profes responsables do Preguntón.
Aqui vos deixamos as primeiras correspondentes a este martes 31 de xaneiro.  Xa vedes que  son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.... 

Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!!

PREGUNTAS DO MARTES 31 DE XANEIRO

 (Para ver  mellor as preguntas, premede enriba delas)

PREGUNTA 1



PREGUNTA 2 

martes, 24 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz,      e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".

   Tranversalmente, na materia de Educación para a Cidadanía, nas horas de titoría, e en todas e cada unha das materias, dentro e fóra das aulas, no Plan de Centro, no clima escolar, a educación é sobre todo atmosfera, dicía Henry Adams, temos que aprender a construíla e así celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.

   Porque as rutinas anulan a paixón e sen paixón dificilmente podemos aprender e educar para facer as paces, así en plural, fronte a todas as violencias.

O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.

Unha das actividades realizadas polos alumnos de 1º da ESO na asignatura de "Reli", foi a de deseñar  pegatinas alusivas á paz. Estas pegatinas serán repartidas no noso colexio o vindeiro luns, Dia da Paz a todos os nenos e nenas do centro.

 Autores: Xosé Manuel, Carlos, Nando e Alejandro (1º ESO)

 Autora: Cristina Fernández (1º A)

 Autora: Elisabeth Domínguez (1º  ESO)

 Autor: Francisco Rañales (1º ESO)


Autoras: Andrea Salido, Eva Gil e Begoña Muiño (1º ESO)

 Autora: Noelia Calvo (1º ESO)


Tamén os alumnos de 2º e 3º da ESO da asignatura de "Reli" fixeron un mural super chulo cunha pomba e un lema que di "cada noite, antes de que pechemos os nosos ollos para durmir, lembremos que a paz é o noso soño".



Que teñamos, que teñades, un feliz Día Escolar da Non violencia e a Paz, neste 64 aniversario da morte de Gandhi,  para que o 30 de Xaneiro sexa o principio da celebración da paz de todos os días...

Aquí vos deixamos unha escolma de Contos para a Paz. Premede na imaxe para velos en grande.







domingo, 22 de enero de 2012

VOLVE O PREGUNTÓN


XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

 O  31 DE XANEIRO DE NOVO...


Bases preguntón       

miércoles, 18 de enero de 2012

GAÑADORA DA PRIMEIRA EDICIÓN DO PREGUNTOIRO CIENTÍFICO

 Despois dunha longa deliberación,  o comité avaliador do  "O Preguntorio Científico" xa elexiu a mellor  resposta á pregunta sobre a primeira personaxe misteriosa do  concurso en rede de educaBarrié.
Tratábase de  Antoine Lavoisier o creador da Química moderna co que se quixo despedir o Ano Internacional da Química.
Pola súa capacidade de argumentación, a correción na escrita e a rapidez na resposta,  Aida Formoso Sánchez alumna de  2º da ESO do C.P.I. Conde de Fenosa en Ares, converteuse na primeira alumna gañadora do concurso.
Desde educaBarrié,  próximamente un reporteiro gráfico se acercará até o centro para plasmar nunha imaxe o momento en que se lle fai entrega a Aida do seu  ben merecido  premio: un xogo de experimentación científico co que pode seguir a senda de Lavoisier.
Desde o noso centro damos  os nosos parabéns a Aida e ao profe Xacobo de Toro pola súa gran labor docente e por motivar e animar ao alumnado a adquirir a capacidade de  "aprender a aprender".

viernes, 13 de enero de 2012

OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN. Ensaio sobre a retranca

Nun ano no que vimos desaparecer A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Peneira... (seguro que me queda algún), rir un pouco (aínda que sexa de nós mesmos) non nos vén mal. Iso é o que temos que facer logo de ver e escoitar a este auténtico showman chamado Carlos Blanco, usando un dos nosos recursos máis característicos: a retranca. A ver se a súa reivindicación serve de algo.