martes, 26 de abril de 2011

Ese García...
A esencia popular e universal do RAP
 
O día 14 de abril recibimos no Centro ao rapeiro García, integrante do grupo musical Dios Ke Te Crew. Dende as doce da mañá departiu cos rapaces de 4º da ESO sobre a música HIP-HOP. Na primeira parte do obradoiro achegounos á orixe e historia do movemento musical, insistiu na idea de fenómeno social, de xeito de vivir, de entender o mundo no que vivimos, xa na segunda, deleitounos coas súas creacións espontáneas e dispúxonos á escrita dunha canción de RAP.

A espontaneidade, o manexo do escenario, a linguaxe directa fixeron do obradoiro unha experiencia agradable e enriquecedora.

Tamén nos avanzou que o grupo está a sacar un novo disco. Agardámolo. Para gozar coa súa música podemos acudir a  http://www.myspace.com/diosketecrew

Esta actividade contou coa organización e apoio dos departamentos de Música, Dinamización  Lingüística e Lingua Galega.

García rapeando

 O alumnado disfrutando co obradoiro

Os alunmn@s en grupos tamén crearon o seu propio rap

García con Mateo e Miguel

viernes, 15 de abril de 2011

FACENDO UN "STORY BOARD"

Os departamentos de Artes Plásticas e Lingua Galega fixemos un “storyboard” en 3º de ESO baseada no conto O neno suicida, do libro Os arquivos do trasno de Rafael Dieste.
Un story board é o desenvolvemento dunha historia visualmente, empregando a linguaxe de planos do cine e máis o debuxo (cómic), como procedemento básico. Polo xeral se debuxa e colorea a man e o seu obxectivo é o de servir de guía para entender unha historia, previsualizar unha animación ou seguir a estrutura dunha película antes de realizarse ou filmarse. Vai tamén acompañado dun pequeno texto que inclúe parte do guión técnico. Este traballo, como anotabamos antes, é o paso previo á rodaxe dunha película e é necesario para previsualizar o guión ou partes do mesmo. Deste xeito detéctanse erros, descúbrense posibilidades, etc. En definitiva, afórranse custos e tempo á hora de facer unha película.

Esto que podedes ver é o resultado despois de estudar outros story board de escenas de cine clásico e de facer moitos bocetos . Picade enriba da presentación para velo en grande.

domingo, 10 de abril de 2011

SAME 2011 no CPI “Conde de Fenosa”: A educación non é un conto, polos dereitos das nenas e as mulleres

Desde o noso centro queremos unirnos á Campaña Mundial pola Educación e ás accións da SAME 2011.

Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E As MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para lembrar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén lembren e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.

Para iso, a actividade central da SAME 2011 consistirá na GRANDE HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falla desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas. Unha Grande Historia, que fale sobre os dereitos das nenas e as mulleres e como a oportunidade para ir á escola cambiou o rumbo das súas vidas.

Axúdanos a mostrar que a educación de calidade é necesaria para todos e todas.

Como podes facelo:

• Podes enviar o teu conto a: a.gomez@entreculturas.org, e quedará colgado aquí na nosa páxina web. Así mesmo, tamén a colgaremos, se non o fixeches ti mesmo, na páxina internacional da CME.

• Podes colgar ti mesmo o relato a través da páxina internacional da Campaña Mundial pola educación, http://www.cme-espana.org/: Como? Só tes que asinar (Sign Up), escribir os teus datos (como persoa particular ou como profesor-organizador) e escribir unha pequena historia que quedará reflectida. Así poderás ler tamén as diferentes historias que se escribiron nos demais países.

 Cantos máis relatos teñamos en todo o mundo máis alto e máis claro quedará a mensaxe!


  

viernes, 8 de abril de 2011

PREGUNTÓN DO VENRES 8 DE ABRIL

Ben, rapaces e rapazas aquí tedes as últimas preguntiñas do preguntón. Animo  que xa remataaaa!!!!!

1ª Pregunta


2ª Pregunta

lunes, 4 de abril de 2011

PREGUNTÓN DO MARTES 2 DE ABRIL

Veña rapaces que xa non queda nada para rematar o preguntón deste ano, ánimo!!!!

1ª Pregunta

2ª Pregunta

sábado, 2 de abril de 2011

Preguntón do venres 1 de abril

Pregunta 1. Un hakerpunto

Pregunta 2:  Tres super puntos