viernes, 30 de abril de 2010

REMATA O PREGUNTÓN

Ola, queridos/as "preguntóns", con esta quenda de preguntas remata o noso concurso.  A próxima semana saberemos a clasificación dos equipos e os gañadores. A verdade é que a cousa está que arde,  xa que hai algúns grupos que están moi igualados nas súas puntuacións. Veña, ánimo que xa estamos na final.
 Aquí tedes as preguntas. Ollo, que unha vale cinco puntazos!!!

PREGUNTA 1



PREGUNTA 2


miércoles, 28 de abril de 2010

OS NOSOS REPORTEIROS

Este é o derradeiro curso académico no que imos contar coa presenza de tres queridos profesores que nos acompañaron durante moitos anos. Manuel Martinez, José Juan Vilasanchez e José Luis Mauriz, deixan a docencia despois de estar impartindo clases máis de trinta anos. Comezan así unha merecida etapa de descanso, que non de inactividade, xa que seguro se entregarán ao resto das súas paixóns con xúbilo, que é como debe entenderse toda xubilación. Aínda que é ben certo que cando un profe vocacional deixa a docencia non se xubila o profesor, xubílase o funcionario.

Entrevista a D. Manuel Martínez relizada por Laura Díaz Martínez, alumna de 1º da ESO

"Donma" é un profesor da ESO dos cursos de 1º e 2º. As asignaturas que imparte son ciencias naturais e matemáticas. Este é o derradeiro curso que traballa.

L: Cantos anos levas traballando no Conde de Fenosa?.
M: Levo traballando 34 anos.
L: Cal foi o mellor recordo do teu traballo e o peor?
M: O mellor ver que moitos alumnos e alumnas progresaron na vida, e o peor, ver que ás veces non se logrou con todo o alumnado.
L: Que che gusta máis, ciencias naturais ou matemáticas?
M: Matemáticas
L: Gustaríache traballar máis anos?.
M: A verdade é que sí.
L: Gústache aprenderlles aos alumnos ou falo por obriga?
M: Gústame moito, é por devoción.
L: Que diferenzas hai entre os alumnos de antes e os de agora?
M: Antes había moita máis disciplina que agora e tamén, polo xeral, o alumnado era máis estudoso.
L: Cóntanos unha anécdota que che pasara no colexio.
M: Ben, hai moitas o longo da miña vida como mestre pero desde logo, unha delas, é que me fagan unha entrevista.
Outra que recordo agora coa perspectiva do tempo de xeito gracioso, pero que no seu momento non o foi, e que nunha excursión de fin de curso tiráronme a piscina cando eu andaba despistado. Cando caín sumerxinme ata o fondo, pero coa caida entrei en estado de shock e non daba saído da auga, polo que me tiveron que rescatar.
L: Que pensas facer despois de xubilarte?
M: Viaxar e intentarei cultivar unha horta pequena que teño na miña casa.
L: Vas estrañar o comedor, os alumnos..., os profesores?
M: A verdade e que vounos estrañar moito. Levo 26 anos como responsable do comedor e non me vou olvidar del, nin dos demais tampouco.
L: Non teño máis preguntas, queres engadir algún comentario?
M: Quero agradecer a paciencia que tiveron os compañeiros, os alumnos e a dirección conmigo e mandar unha aperta a todos eles.
L: Queremos dicirche que goces das túas próximas e merecidas vacacións e oxalá che quede un bo recordo dos teus alumnos e alumnas.
Laura Díaz Martínez . 1º ESO

Laura entrevistando a Donma, como cariñosamente lle chaman os alumnos/as

Laura e D. Manuel


Entrevista a D. José Juan Vilasánchez, secretario e profesor de inglés realizada por Benjamín Fernández, alumno de 4º da ESO e ex-alumno de "Vila".

Querido público, imos falar do profesor de inglés e secretario do centro, D. José Juan Vilasánchez Pazos. A min deume clases de inglés durante tres cursos seguidos. A entrevista é porque se vai a xubilar este curso académico, 2010.

B: Vostede está contento coa xubilación despois de tantos anos no seu labor?
V: Por suposto que sí, despois de 40 anos de profesor e máis de 20 anos de estudante metido na escola.. Tiña 6 anos cando empecei a estudar no colexio e 25 cando comecei a traballar de profesor, no ano 1948.
B: Vainos botar de menos a todos neste colexio?.
V: Claro que sí.
B: Viranos a ver algunha vez?
V: Por suposto, virei de visita.
B: Que diferenza hai na educación neste século con respecto a cando vostede empezou a traballar no colexio?
V: Hai moita diferenza porque agora hai máis medios e menos ganas de estudar. Antes era ao revés.
B: Sei que foi alcalde de Ares, gustaríalle renovar a súa actividade como político?
V: Si, fun alcalde de Ares. Logo de estar afastado da política, volvín nas últimas eleccións municipais e deixeino ao ano seguinte, así que non voltarei. Nese senso xa cumprín unha etapa da miña vida.
B: Cales foron os seus mellores momentos no ensino?.
V: Case todas as horas de clase. A verdade é que o paso ben dando clase, resúltame motivador e gratificante.
B: E os peores?.
V: Non hai momentos malos.
B: Pode contar anécdotas que lle pasaron no traballo?
V: Sí. Nunha ocasión tiven unha discusión cunha nai porque sacaba ao seu fillo moitas veces ao encerado, o alumno ía moi xustiño. Ao final aprobou e chegou a ir á universidade. De tódolos xeitos, o seu pai entendeu que todo era polo seu ben.
B: Aquí acaba a entrevista. ¿Gustaríalle contar algo máis?
V: Agradecer a toda a comunidade educativa, pais e alumnos todos os bos momentos que pasei, e non me despido porque estarei por aquí aínda que non traballe na docencia.
B: Non quero despedirme sen desexarlle en nome do colexio que as vacacións que agora empeza sexan agradables.

Benjamín Fernández. 4º ESO

Dous momentos da entrevista de Benjamín a Vilasánchez



Entrevista a D. José Luis Mauriz  profesor de inglés do primeiro ciclo da ESO, realizada por Manuel Iglesias Bujones, alumno de 1º da ESO.

Xosé Luis é o noso profesor de inglés. É alto e forte, e xubílase este ano. El é galego e de Mugardos de toda a vida; tamén vive ahí. Por iste motivo vou facerlle unha entrevista, co seu permiso.

M: Ola, bos días, Xosé Luis.Que tal estás?. Co teu permiso iniciamos a entrevista. Cantos anos levas traballando de profesor?.
X.L.. Levo traballando 37 anos.
M: Levas moito tempo no C.P.I. de Ares?
X.L.:Desde o ano 1982, 28 anos.
M: Os nenos de aquí son mellores que os dos outros nos que estiveches?.
X.L.:  Iguales, non hai queixa,pódese decir que son moi acomodados.
M: Hai algunha diferenza entre os alumnos de agora e os de cando empezache a traballar?.
X.L.: Os alumnos de antes estudaban mais e se esforzaban mais.
M: Cales son os mellores recordos da túa vida laboral?, e os peores?.
X.L.: Foron en Mazarrón, na costa da rexión murciana. Non tiven peores momentos.
M: Cóntanos unha anécdota graciosa que che ocorrera no tempo que levas no ensino.
X.L.: Que un profesor deste centro sacoulle a porta do despacho a D. Santiago e escondeulla. Tamén en carnavales "Donma" manchouno todo cunha tinta especial e colleu un cabreo de puñetas.
M:  Vas estrañar aos alumnos e ós profesores?.
X.L.: Non, non vou a estrañar a nadie, se cadrs só un chisquiño.
M: Non teño máis preguntas. Queres engadir  ou comentar algo ou algunha cousa?.
X.L.: Que estiven moi contento neste coleio de Ares.
M: Moitas grazas e ata outro día. Que o pase ben no seu tempo libre

PREGUNTAS DO MÉRCORES 28 DE ABRIL

PREGUNTA 1
PREGUNTA 2

lunes, 26 de abril de 2010

PREGUNTÓN DO LUNS 26 DE ABRIL

PREGUNTA1

PREGUNTA 2


viernes, 23 de abril de 2010

PREGUNTAS DO VENRES 23 DE ABRIL

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2


martes, 20 de abril de 2010

PREGUNTAS DO MÉRCORES 21 DE ABRIL

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

UN GOL POLA EDUCACIÓN. PARTICIPAMOS NA SAME 2010

A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha campaña internacional promovida por alumnos, alumnas, docentes, centros escolares, ONG e movementos sociais comprometidos co dereito á educación para todos os nenos e nenas no mundo. Actualmente, 72 millóns de nenos e nenas non están escolarizados e 759 millóns de persoas adultas non saben ler nin escribir.
Cada ano, a Campaña loita por acabar con esta situación e conseguir que todos os nenos e nenas no mundo poidan asistir a unha escola. Para iso, organízanse diversas actividades e actos de mobilización pública na que chamamos a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), que sempre celebramos no mes de abril e onde pedimos aos nosos políticos e políticas que destinen os recursos necesarios para facer realidade o compromiso dunha Educación para Todos e Todas.

Dende a nosa escola queremos apoiar esta iniciativa, e os nosos/as alumnos/as farás as súas propias propostas a través de debuxos e lemas.
 
Ademáis os alumnos e alumnas da ESO asinaron o seu compromiso para lograr unha Educación para todos e todas en 2015. Visitamos a páxina web (http://www.1gol.org/), para asinar a favor da campaña, coñecer cómo a educación cambia a vida das persoas, consultar as noticias  e visitar as actividades que se están a realizar noutras partes do mundo.
 
 Nós tamén queremos marcar un GOOOOL a favor da educación...
 
 










domingo, 18 de abril de 2010

PREGUNTAS DO LUNS 19 ABRIL

PREGUNTA 1

PREGUNTA 2

viernes, 16 de abril de 2010

PREGUNTÓN DO VENRES 16 ABRIL

Aqui vos deixamos as últimas preguntas da semana.


PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

jueves, 15 de abril de 2010

XORNADA CULTURAL DO 26 DE MARZO

O pasado venres 26 de marzo realizouse no noso centro unha xornada lúdico-cultural organizada polo Departamento de Normalización Lingüística, xunto cos departamentos de lingua galega, tecnoloxía, matemáticas ,ciencias, educación física e música, e coa colaboración de todo o profesorado do centro.
A verdade é que foi unha xornada estupenda e hai que darvos a todos a enhora boa polo ben que saíu todo. Como di Pilar (a nosa profe de educación física PORTÁSTEVOS!!!. Estivestes xenial, tanto na participación como no comportamento, e ademis acadastes en todas as probas un gran nivel.
Sei que a algúns a proba do "Preguntón" lle resultou un pouco difícil. Non vos preocupedes, tomaremos nota para que a próxima vez sexa máis sinxela.
Felicitamos desde aquí a todos os grupos participantes e en especial aos “Superdotados” e “Esnifatipex” que foron os que acadaron as puntuacións máis altas.
E como di o refrán, ”unha imaxe vale máis que mil palabras”... así que aquí tedes a reportaxe do que foi ese día.


Facendo a proba do Preguntón




Facendo as probas tecnolóxicas


Pasapalabra científico




Probas físicas


Actuacións musicais



Entrega de premios



miércoles, 14 de abril de 2010

LINGUA DE AMOR


O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) puxo en marcha a terceira edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

O concurso está divido en dúas categorías: declaracións e cancións. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010 e para as votacións será do 29 de maio ata o 6 de xuño. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web http://www.linguadeamor.eu/

Os premios divídense do xeito seguinte:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha consola Nintendo DSI XL
3.º Unha cámara de fotos dixital


Categoría B (de 20 a 35 anos):

1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha cámara de vídeo dixital
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega

1.º Un computador portátil Netbook
2.º Un iPod de 3.ª xeración
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Ademais, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros e música en galego.

martes, 13 de abril de 2010

PREGUNTAS DO MÉRCORES 14 DE ABRIL

Veña...que hoxe vai de adiviñas.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2


PREGUNTÓN DO LUNS 12 DE ABRIL

Aquí tedes as preguntas deste luns. Ánimo que son moi sinxelas.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2.

jueves, 8 de abril de 2010

PREGUNTÓN DO VENRES 9 DE ABRIL

Ola de novo... aquí tedes as últimas preguntas da semana. Ollo o dato, que valen tres puntazos!!!.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

martes, 6 de abril de 2010

PREGUNTAS DO MÉRCORES 7 DE ABRIL

PREGUNTA 1



PREGUNTA 2


PREGUNTÓN DO LUNS 5 DE ABRIL

Ola querid@s preguntóns, xa vimos que vos aplicáchedes moito nestas  vacacións facendo as preguntas.  En realidade, despois de ver as  respostas as mesmas, estamos abraiados do voso "saber". E como pensamos que sodes uns investigadores infatigables, aquí vos deixamos as preguntas do luns.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2


VISITOUNOS ANXO FARIÑA

O ilustrador e debuxante Anxo Fariña visitou o noso centro para manter un encontro co alumnado de 1ºESO que na 1ª avaliación leu Os megatoxos e o aprendiz de druída.
Moito do noso alumnado, enganchado co seu primeiro libro, decidiu ler os outros dous títulos desta entrega: Os megatoxos e a espada esmeralda e Os megatoxos e os templarios da luz.

Contounos moitas cousas da súa obra como ilustrador e como autor, dos seus personaxes, das súas teimas ao debuxar. Explicounos como naceron os Megatoxos, converteu a Brais nun hipotético personaxe da serie, pois asegurounos que haberá unha cuarta entrega; e por suposto asinou os libros para deixar pegada en nós do seu paso polo noso centro. Grazas, Anxo, pola túa visita e por facernos gozar do teu bo facer.

Nos esquezades que podedes visitar a súa páxina e reflectir nela as vosas impresións sobre a súa obra http://introterrestres.blogspot.com/.

Tamén podedes facer comentarios no noso blogue.


Anxo Fariña falando dos Pelelliños

O alumnado gozando da exposición

 
Brais preséntase voluntario para que o debuxen

Anxo converte a Brais en Megatoxo

Anxo Fariña asínalles os libros aos alumnos