jueves, 28 de enero de 2010

CONTACONTOS INGLÉS-GALEGO

Nunca tan ben acaída houbo unha actividade! Mesmo parece que o conselleiro Vázquez nos encargou a escenificación do controvertido borrador do Decreto Plurilingüe. Este mércores 20 de xaneiro, gozamos dunha excelente actuación de contacontos. Unha parella de contistas, el inglés e ela galega, apamparon alumnos e profesores coa representación de contos tradicionais de variada procedencia.
Co alumnado fraccionado en dúas quendas, presentaron un abano de historias tradicionais de base humorística unhas, intimista outras, sempre enxeñosas. A estrutura dos relatos formalizábase en reiteracións binarias ou ternarias, na dramatización dos diálogos e nos finais sorprendentes de interpretación didáctica.
A perfecta sincronización (a partir do inglés facíase unha tradución interpretativa, expresiva) aparecía reforzada pola precisa xestualidade que enriquecía as engaiolantes historias.
A atención, as risas e os aplausos foron a nosa recompensa por unha sesión tan agradable.
Por certo, o inglés, espléndido; o galego fantástico e imprescindible. Sigo a falar da actuación, claro está.

miércoles, 27 de enero de 2010

30 XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ



Para que a paz sexa algo máis ca un conto

Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.
Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.

Difundamos na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.

A cultura da paz tense que implantar nas nosas vidas potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, dos valores, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.
Traballemos tódolos días por unha cultura de paz



Os nosos alumnos tamén reflexionaron sobre o tema da paz e da non violencia elaborando murais, debuxos e textos alusivos a mesma.























Os alumnos de infantil tamén celebraron e traballaron o día da paz. Falaron sobre  ela, o que era, como podían contribuir a que nas clases houbera Paz, e logo fixeron unhas fichas conmemorativas do DÍA DA PAZ. En 3 anos A e B fixeron unha pomba con vandal, en 4 anos A e 5 anos A unha poesía e os nenos de alternativa de 5 anos B fixeron un mural. Si queredes ver a reportaxe fotográfica do seu traballo pinchade aquí. Blogue Infantil

viernes, 22 de enero de 2010

LOGOTIPOS E MASCOTAS PARA O BLOGUE

Aquí temos algunhas das "obras" feitas polos rapaces/as para o noso blogue. Qué vos parecen?. Agardamos os vosos comentarios.

                                 
                           

martes, 12 de enero de 2010

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS

Con motivo do "Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s", os alumnos e alumnas de 2º e 3º curso da E.S.O. realizaron un traballo  na aula de informática sobre este evento. A través del poideron reflexionar sobre as oportunidades, os dereitos e deberes que teñen todos os nenos e nenas do mundo.
A continuación podemos ver o resultado de tan fenomenal traballo.


dereitos do neno
View more presentations or Upload your own.

Tamén os alumnos/as de 1º da E.S.O. traballaron os dereitos dos nenos  elaborando un mural e aportando as suas reflexións e textos alusivos aos mesmos.






--------------------------------------------------------------------------------------
CONCERTO DIDÁCTICO PARA OS ALUMNOS DE PRIMARIA