martes, 16 de abril de 2024
VISITA DO ALUMNADO DE 2º ESO A COMPOSTELA
Unha vez xa dentro comezamos a visita xunto ao
Palacio de Xelmírez, considerado unha das principais construcións civís do
románico en España, alí a guía explicounos a dificultade que tiveron para
construír a catedral de Santiago polo desnivel que tiña o terreo e tras unha
breve introdución pasamos a ascender os seus 105 chanzos ata chegar aos
tellados.
Tras ascender os chanzos e saír pola porta que
dá acceso ás cubertas obtemos unhas vistas privilexiadas da mesma catedral e da
cidade de Santiago.
Nesta foto podemos ver a famosa Berenguela. A torre do reloxo da catedral de Santiago chámase Berenguela por un arcebispo da Idade Media que construíu a torre para defender a Catedral.
É por ese mesmo motivo polo cal o tellado da catedral é graduado, para facilitar que se puidese ir camiñando para defender a catedral e a cidade de Santiago de posible ataques.
Unha curiosidade sobre a Berenguela é que o
seu reloxo só ten unha agulla, tan só marca as horas. Na torre tamén se atopa a
campá que se chama igual que a torre e pesa nada menos que 6.433 quilos.
Rematamos na Alameda
e chegou a hora de xantar. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e
xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo; outros optaron polo
equilibrado menú do Burguer ou unha pizza. Todos comemos a presa porque o tempo
fíxose pouco e xa tocaba volver a casa .
Chegamos cansos pero contentos!. Un día
xenial.
Aquí podedes ver un vídeo resumo da xornada
jueves, 11 de abril de 2024
OBRADOIROS DE BICI. ESPORURAL
Obradoiros para aprender a manexar e manter unha bicicleta
🚴♂️ ‘Rodas
escolares’ é o nome que recibe a última proposta da Concellaría de Deportes que
involucra á rapazada do CPI As Mirandas tanto de primaria coma secundaria: un
conxunto de actividades para coñecer unha bicicleta, manexala nunha contorna
natural e coñecer que se precisa para tela a punto.
🚴♀️ Onte
arrancou esta iniciativa cunha pequena charla práctica no pavillón
polideportivo de Ares, en colaboración co CafeKom. Ata alí foron os e as
estudantes do noso centro educativo As Mirandas e aprenderon como engrasar unha
cadea ou regular o freo, cal é o inflado adecuado, como sinalizar manobras ou
axustar o sillín e manillar á súa altura.
🚴 Todo o coñecemento que adquiran poderán
poñelo en práctica a próxima semana, pois a proposta do Concello abrangue tamén
unha saída dende o CPI pola contorna aresán coas propias bicicletas, todas en
correcto estado de mantemento para o seu emprego.
🚴♂️ Rodas
escolares é unha iniciativa enmarcada dentro de Sporural, o proxecto do Erasmus
+ Deportivo no que se inscribe Ares, xunto con outras localidades de Hungría ou
Grecia.
miércoles, 3 de abril de 2024
OS NOSOS MAGNÍFICOS CONTACONTOS
Hoxe un grupiño de rapazas e rapaces de terceiro da ESO realizou, como en outras ocasións, unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de 1º de primaria. A través do conto “O mundo das cores” reflexionamos sobre o importante que somos cada un de nós a pesar das nosas diferenzas, porque somos Diversamente Iguais e imprescindibles para dar cor e luz ao mundo.
Ao
remate os pequenos levaron como agasallo unha pulseira co lema “Diversamente
Iguais”.
Parabéns a esta rapazada que tan ben prepara e
conta historias. Os pequenos xa están desexando volver!
VISITA DO PROFESORADO DO CPI CASTROVERDE: PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN
Dentro do programa Observa-Acción hoxe, 3 de abril, contamos coa visita no noso centro de profesorado do CPI Castroverde de Lugo e dunha persoa asesora do CFR.
Esta visita forma parte da fase intercentros
"Acolle" do Programa Observa-Acción da Xunta de Galicia. Foi unha
xornada moi enriquecedora na que se produciu un intercambio de ideas e de
impresións que axudarán a mellorar as prácticas docentes en ambos centros
educativos.
Durante a xornada o profesorado visitou as
instalacións do colexio, realizaron observacións nas aulas, coñeceron os
proxectos máis destacados do noso centro e intercambiaron reflexións cos nosos
docentes. A través desta experiencia de
intercambio trataremos de descubrir elementos que sirvan para transferir na
nosa práctica docente e así mellorar a calidade do noso traballo para que
repercuta no conxunto da comunidade educativa.
O programa Observa-Acción ten como finalidade a
mellora da práctica docente.
Este programa esta deseñado para levarse a
cabo durante dous cursos académicos e
consta de catro fases (dúas en cada ano lectivo):
1. Observa_Acción. Fase Intracentros
(Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade.
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades
autónomas adheridas ao plan.
4. Observa_Acción. Fase Europea
(Internacionaliza) experiencia de
Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.
A NOSA ESCOLA. (Vídeo resumo)
ESPAZO INTERXERACIONAL: FÁLAME DA EMIGRACIÓN
Outro curso máis o noso centro está a participar no programa interxeracional que Afundación (Fundación Galicia Obra Social) realiza nos centros educativos. Un encontro de diálogo e experiencias compartidas entre maiores e estudantes.
Como en anos anteriores, na primeira sesión deste encontro interxeracional,
viñeron compartir con nós as súas vivencias catro persoas que pasaron pola
experiencia da emigración en Europa e América. Contáronnos as diferentes
motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos ou negativos
da mesma así como as diferenzas da emigración que se está a dar no noso país na
actualidade con respecto á que viviron eles.
Non temos que estar máis que agradecidos aos nosos e nosas visitantes por
compartir e transmitir os seus coñecementos e experiencia para que o noso
alumnado se beneficie do legado das persoas maiores e que a comunidade
educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe favorecendo en todos os
casos o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.
domingo, 24 de marzo de 2024
viernes, 22 de marzo de 2024
VISITA AO MONUMENTO DEDICADO AOS ESPAÑOIS DEPORTADOS E FALECIDOS EN MAUTHAUSEN
O xoves 21 quixemos lembrar coas alumnas e alumnos de Cuarto da ESO a todas aquelas persoas da nosa comarca que foron prisioneiros no Campo de Mauthausen. Pensamos que é fundamental que unha iniciativa tan importante como facer un monumento na súa memoria sexa coñecida polas novas xeracións. É preciso que non sexa para eles “ a escada verde”. Por iso quixemos achegarnos a levarlles flores en sinal do noso agradecemento, porque eles loitarón, e moitos morreron por todos nós.
Lemos o nome dos 21 e lembramos como foi o seu destino, algúns
sobreviviron, pero moitos foron cruelmente asasinados nese campo de exterminio
que foi Mauthausen.
Dous deles participaran antes na fuxida no Bou Ramón e despois
remataron, como outros 7200 españois, no inferno de Mauthausen.
Foi unha experiencia moi positiva, tanto no que se refire á aprendizaxe
como no senso de compartir un momento diferente ás clases ordinarias.
VISITANDO O PATRIMONIO DA NOSA CONTORNA
Esta semana, antes das vacacións de Semana Santa, aproveitamos o fin dos exames e o bo tempo para visitar un dos lugares máis fermosos da nosa contorna, a Igrexa e o entorno de Lubre.
Fomos cos dous cursos de 2º da ESO, que este ano estudaron Arte
Románica, para ver un exemplo perfecto deste estilo artístico. Pero, tanto con segundo como con terceiro da ESO, fomos moito máis atrás no tempo para lembrar
o significado que tiñan os Lubres como lugares de culto, espazos máxicos, na
época Castrexa. Foron da man os novos coñecementos, o asentamento de contidos
vistos na aula, e tamén o desfrute de facelo ó aire libre, sempre máis
agradable e lúdico. En resumo, foi un bo momento que compartimos e do que tamén
queremos facervos partícipes a vós.
martes, 19 de marzo de 2024
MELLOR SEN LIXO.
Os rapaces e rapazas de 4º de ESO realizaron unha recollida de lixo na contorna do paseo marítimo e na Praia de Ares, un xesto contra o Cambio Climático que debería facernos reflexionar sobre como debemos xestionar os nosos residuos adecuadamente.
Esta saída non só foi unha actividade
educativa, senón tamén un recordatorio da importancia de coidar a nosa contorna
e difundir a mensaxe entre a sociedade para que entre todos consigamos crear un
mundo mellor e máis sostible.
Por uns océanos e
praias libres de lixo
#mellorSenLixo